azurita

azurita

(< azur)

s f [MINERAL]

Carbonato básico de cobre, de fórmula Cu3(OH)2(CO3)2. Cristaliza no sistema monoclínico, en cristais prismáticos de cor azul, de brillo vítreo e translúcidos. Ten exfoliación perfecta, dureza 3,5-4 e peso específico 3,77. Encóntrase asociada con outros minerais cupríferos, en Barraburra (Australia), Tsumeb (Namibia) e Arizona. En Galicia é moi escasa e aparece en forma de costras asociadas aos filóns de blendas e galenas de Riotorto e aos de siderita e calcopirita de A Pontenova. Antigamente empregábase como pigmento azul e, hoxe en día, úsansen a fabricación de obxectos de artesanía e ornamento.