azurrar
azurrar
(< orixe onomatopeica)
-
v t
Botar o can contra alguén ou contra outro animal para que ataque.
Ex: Os dous homes azurraban os cans antes de comezar a pelexa.
Sinónimos: abocar, acirrar. -
v t
Provocar a unha persoa co ánimo de que esta discuta ou pelexe con outra.
Ex: Estás sempre a azurralo, así que non me extraña que non fale máis contigo.
Sinónimos: abelloar, acirrar, apurrar, encirrar.