"abelo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 25.

    1. Elemento decorativo que consiste nunha pequena bóla de vidro aburatada. Normalmente ten diversas cores, vai combinada ao chou con outras e na súa disposición emprégase un arame ou fío no que vai ensartada formando parte dun conxunto.

    2. Colar, pendentes, pulseira ou calquera outro adorno feito con esas pezas.

    3. Atavíos empregados como adorno na vestimenta feminina, especialmente nas pezas do traxe tradicional como o dengue ou o mantelo. Tamén serven para decorar utensilios e trebellos caseiros.

    4. Adorno insignificante, de pouco valor ou consideración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Herba ou arbusto do xénero Hypericum, de follas enteiras, opostas, sentadas e con glándulas translúcidas con aspecto de salpicaduras brancas. As flores son regulares, dispostas en cimas, amarelas, con cinco pétalos caedizos e cinco sépalos e estames moi numerosos dispostos en feixes. En Galicia son comúns as especies: H. androsaemum, en ambientes sombrizos; H. elodes, acuática; H. humifusum, en solos húmidos; H. linarifolium, en ambientes secos; H. perforatum, en ambientes antrópicos; H. pulchrum, en bosques e H. undulatum, en ambientes húmidos.

    2. estraloque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Numismático e historiador. Conservador do Cabinet des Médailles (Gabinete das Medallas) de París. Autor de estudios e catálogos numismáticos como La numismatique antique (A numismática antiga, 1944) e de diversos traballos sobre historia da arte e a civilización hispánicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Numismático e historiador. Conservador do Cabinet des Médailles (Gabinete das Medallas) de París. Autor de estudios e catálogos numismáticos como La numismatique antique (A numismática antiga, 1944) e de diversos traballos sobre historia da arte e a civilización hispánicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos pelos, propios da especie humana, que nacen na pel do cranio, chamada coiro cabeludo. Os cabelos teñen unha vida de 3 a 5 anos; o seu desenvolvemento completo ten lugar durante a mocidade, e involuciona despois de diversos xeitos: caída (calvicie), polo xeral parcial, despigmentación (cabelos grises, cabelos brancos), etc. O seu crecemento é duns 0,3 mm diarios de media. A forma e a cor dos cabelos son caracteres somatolóxicos que varían no conxunto da humanidade. En canto á forma distínguense distintos tipos de cabelos: liso ou liótrico, característico dos xantodermos; ondulado ou cimatótrico, característico dos leucodermos; e crecho ou ulótrico, característico dos melanodermos. No que respecta á cor, distínguense varias tonalidades básicas -por exemplo moura, castaña, rubia, loura, etc- non ligadas a ningún grupo determinado, aínda que os tons máis claros son propios dos leucodermos; como situacións anómalas individuais, ligadas a outros trazos somáticos, existen...

    2. Conxunto dos pelos da cabeza.

    3. Especialidade reposteira elaborada con polpa de cabaza e xarope, que se emprega como recheo en moitas especialidades, como as ensaimadas enchidas e a torta de Mondoñedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas máis frecuentes, en campo de azul, dúas bandas de ouro, acompañadas de tres estrelas do mesmo metal, nos baleiros, alternando coas faixas; bordo de goles con oito aspas de ouro. Algúns traen, en campo de ouro, unha banda ondeada branca, e enriba un león rampante vermello. Os que pasaron a Extremadura ostentan, unha torre de prata, e bordo de ouro, con oito estrelas de azul. Outra variante trae, en campo de goles, dous bordóns de prata, e orla de azul con seis cunchas de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico de certos viños da provincia de León, brancos ou claretes, bastante alcohólicos, apreciados como viños de mesa. Carecen de Denominación de Orixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da comarca do Bierzo, adscrito á provincia de León e á comunidade autónoma de Castela e León (4.846 h [1996]). A súa economía baséase no sector agropecuario. Destaca o cultivo da vide e das árbores froiteiras (especialmente cerdeiras), que proporcionan a materia prima para as industrias de elaboración de viños e conservas vexetais amparadas polas respectivas denominacións de orixe. Tamén son de importancia as explotacións gandeiras e forestais, estas últimas abastecedoras das industrias madeireiras radicadas na localidade. Situado no Camiño Francés de peregrinación a Santiago, constitúe un fito relevante na ruta, destacando entre o seu patrimonio monumental a igrexa parroquial baixo advocación xacobea. O sector turístico experimentou un desenvolvemento notable en paralelo á promoción institucional do Camiño na década de 1990.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que ten a súa orixe nun topónimo. Procede do latín *caccabellus, diminutivo de caccabus ‘ola, pucheiro’, que, aplicado á toponimia, fai referencia a un lugar con forma cóncava, afundido. Documéntase no s XIII: “Martin Fernandez de Cacauelos” (doc ano 1276 en C. de Azevedo Maia História do galego-portugués. Estado lingüístico da Galiza e do Noroeste de Portugal do seculo XII ao século XVI, 1986, p 131).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Profesor titular da facultade de Medicina da Universidad Complutense de Madrid e director do Instituto para Enfermidades do Sistema Nervioso Central do Centro de Investigación en Neurociencias Básicas e Clínicas da Coruña. Doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, en Xapón obtivo o doutorado en Ciencias Médicas e as especialidades de psiquiatría e psicoxeriatría. Deseñou o Osaka University Computerized Electronic Maze System e foi o coordinador da European Dementia Network. Publicou máis de 300 artigos científicos e editou libros sobre psiquiatría, neurociencias, demencia senil e a enfermidade de Alzheimer. Obtivo o Premio da Academia de Ciencias Médicas de Tohoku.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cesto pequeno con asa, feito de tecidos moi tupidos como varas entretecidas, vergas ou palla, e que xeralmente se leva no brazo.

    2. Cesto no que os pescadores botan os peixes que capturan. Na tradición oral recóllense ditos como: “Brétema no Padornelo, sardiña no carabelo”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prateiro. Formouse no obradoiro de Simón Pérez de la Rocha. Entre 1784 e 1805 traballou para o cabido tudense. Realizou cruces parroquiais como as de San Salvador de Budiño, Salceda de Caselas e Arnoso, en Ponteareas, custodias como a de Pesqueiras, e cálices como o de Chaín, en Gondomar, ademais doutros obxectos litúrxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Abano de espolín, de mango longo, símbolo da soberanía. Portada polos escravos na comitiva dos seus señores, foi usado en Mesopotamia e Exipto. Coñecido no mundo grecorromano, introduciuse na celebración litúrxica cristiá como atributo propio do diácono e no séquito do papa. Aínda é un obxecto litúrxico das igrexas de rito oriental.

    2. ripidio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Bande baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baltar baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Noruega (885?-933). Despois de herdar tres pequenos dominios na zona central de Noruega, iniciou unha serie de campañas militares que culminaron na Batalla de Hafrsfjord (885) trala que unificou todo o país. O seu reinado caracterizouse pola reorganización do sistema tributario e o aumento da inmigración a Islandia. Á súa morte o reino dividiuse entre os seus fillos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Segmento medio do periantio das orquidáceas, a miúdo con esporóns e de forma e coloración peculiares. Normalmente está situado na parte baixa da flor por torsión do eixe floral.

    2. Peza floral das zinxiberáceas e outras escitamíneas, formada pola unión de estaminoides petaloides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao animal que non ten rabo ou que o ten moi pequeno.

    VER O DETALLE DO TERMO