"alcoa" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • CIDADES

    Cidade do estado de Tennessee, nos EE UU. Creada pola Aluminium Company of America, da que toma o nome, ao instalar alí, no 1913, as súas factorías de metalurxia de aluminio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [Aluminium Company of America] Empresa fundada no 1907 nos EE UU como continuación da Pittsburg Redution Company (1888) e dedicada á produción de aluminio. É a primeira empresa mundial na produción deste material. Posúe minas de bauxita en Australia, Xamaica, Surinam, EE UU e a República Dominicana, e fábricas de aluminio nos Países Baixos, Francia, Noruega, Alemaña e Italia. O grupo ALCOA tamén está presente en España (ALCOA INESPAL) onde posúe varias plantas de aluminio distribuídas por todo o territorio (Avilés, Alacant, Valls, Barcelona, etc) e concretamente posúe catro plantas de produción en Galicia (dúas en San Ciprián, Arteixo e A Coruña).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Navío empregado nas escavacións e prospeccións subacuáticas, semellante a un off shore para perforacións petrolíferas, pero coa diferenza de que emprega un tubo semirríxido para facer descender ata as profundidades unha cápsula con diferentes detectores (sonar, cámara de televisión, etc) conectados ao panel de mando do barco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Veracruz, México, situada na desembocadura do río Coatzalcoalcos (198.817 h [1990]). A súa economía baséase no comercio (millo, arroz e azucre) e na industria petroquímica (refinerías de petróleo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade de diversos pobos precolombinos de Mesoamérica como os toltecas, os maias e os aztecas. Normalmente represéntase como unha serpe con plumas, que é o seu significado en náhuatl, acompañado de caracois mariños. En Teotihuacán (100 a C-650 d C) dedicóuselle un templo co nome de Tlaloc (deus da chuvia). Coñecido en Yucatán co nome maia de Kukulkan, representábase con pel branca e barba; segundo a lenda, volvería ao final dun dos períodos de 52 anos, considerados sagrados. Para os aztecas era semellante ao deus creador do mundo, e a miúdo era venerado como o deus do vento, co nome de Ehécatl, o deus da mañá e da tarde, simbolizado polo planeta Venus, ou como o deus da sabedoría, representado coma un home branco con longa barba. A chegada de Hernán Cortés e os seus homes -brancos e con barba- ao final dun período náhuatl (1519) a Tenochtitlán, foi considerado polos pobos sometidos aos aztecas como o retorno do deus, crenza que aproveitaron os conquistadores para vencer os aztecas coa...

    VER O DETALLE DO TERMO