"aris" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 297.

  • Denominación aplicada a diversas tendencias políticas que teñen en común un interese centrado nos problemas do agro e dos labregos. Ás veces son movementos que propugnan unha profunda reforma agraria, como é o caso de México coa figura de Emiliano Zapata. En Europa a denominación adoita aplicarse a formacións conservadoras que representan os intereses dos medianos propietarios. O agrarismo está considerado como o movemento social máis importante da Galicia contemporánea, desenvolvéndose en senso estricto entre a década dos oitenta do s XIX e a Guerra Civil Española. Fenómeno de extraordinaria complexidade, encontra a súa unicidade no duplo obxectivo de garantir a supervivencia do maioritario campesiñado parcelario fronte ao desafío do mercado capitalista, e de artellar social e politicamente os intereses deste grupo social. Comprendido no contexto de mobilización dos intereses agrarios que se rexistra en todo o continente europeo a partir da denominada crise agraria finisecular,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao agrarismo.

    2. Partidario do agrarismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada un dos signos usados para a representación sistemática de cantidades.

      2. algarismo árabe Signo de orixe árabe que representa os números no sistema decimal (0, 1, 2, 3 [...], 8, 9) introducida polo emperador Carlomagno en Occidente. É a representación numérica máis espallada no mundo, mesmo en países cun sistema numérico tradicional propio.

      3. algarismo romano Signo que representa os números no sistema de numeración romana (I=1, V=5, X=10, L=50, C=100, D=500, M=1.000).

    1. Procedemento de cálculo que consiste en cumprir unha serie de instrucións ordenadas e finitas que conducen, unha vez especificados os datos, á solución que o problema xenérico en cuestión ten para os datos considerados. Así, o algarismo da raíz cadrada permite, despois dunha sistemática operativa, calcular a raíz cadrada de calquera número. Defínense algarismos naquelas situacións, matemáticas ou non, nas que establecer unha estratexia ordenada facilite a obtención de solucións (teoría dos xogos, organización do traballo). Os programas informáticos son basicamente algarismos escritos en linguaxe de programación nos cales o ordenador efectúa repetidamente as operacións que se lle indicaron.

      1. Sistema de regras e procedementos de cálculo ben definidos, baseado en fórmulas matemáticas, que permite resolver un problema nun número finito de operacións.

      2. Lóxica incorporada nun programa informático.

    2. algarismo de compresión

    3. algarismo de Euclides

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cóengo de Santiago. Publicou Compendio de la vida, martirio, traslación e invención del glorioso cuerpo de Santiago el Mayor, apóstol de J.C., patrón de las Españas, con una breve noticia del Jubileo y grazas pontificias de su S.A.M. Basílica, frecuentes peregrinaciones de los fieles de todo el orbe católico, decidida protección a los monarcas españoles y sus esforzados capitanes en las guerras con los infieles y la historia cronológica de los Ilmos. Obispos de Iria y Arzobispos compostelanos (1858).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Científico grego. Foi a primeira persoa, da que temos coñecemento, que constatou a relación entre a Lúa e as mareas. Foi o autor dun escrito sobre curiosidades zoolóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento social contrario ao espírito ou ás institucións militares. Pretende demostrar a preponderancia do exército dentro da administración do estado en tres niveis: socialmente, pola existencia duns deberes de defensa (Servicicio Militar Obrigatorio), mentres os dereitos (toma de decisións en política de defensa) están limitados á xerarquía militar; economicamente, outorgando grandes sumas a gastos militares ou comerciando con armamento; e a nivel xeopolítico, animando políticas baseadas na desconfianza e na confrontación e formando parte de bloques militares. A loita antimilitarista maniféstase a través de diferentes vías: a obxección de conciencia, ou negación a cumprir co servizo en filas; a obxección fiscal, consistente en absterse de sufragar os gastos militares a través dos impostos directos; a educación para a paz, que ensina uns valores favorecedores dunha sociedade e cultura pacíficas; e a investigación para a paz, que pretende clarificar as condicións baixo as que se desencadean...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao antimilitarismo.

    2. Partidario do antimilitarismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aversión aos usos, institucións, etc, propios do sistema parlamentario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina cristolóxica de Apolinar de Laodicea e dos seus seguidores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao apolinarismo.

    2. Seguidor do apolinarismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. Moi novo, este pontevedrés emigrou a Uruguai. Alí fixo estudos técnicos e desempeñou varios oficios. En 1950, segundo se publica nun libro sobre a historiografía cinematográfica do noso país, coñeceu un director uruguaio, D. Sposito, o que vai determinar parte da súa actividade posterior.
    O cine de tema galego para os países americanos de fala española pasou por varias etapas, sendo a de carácter documental a que máis prevaleceu. Arís vai facer nos anos cincuenta, en América, algo semellante ao que fixera José Gil (1870-1937) en Galicia. En primeiro lugar realizará unha recompilación de imaxes da xeografía galega en Montevideo, en que aparecen traballos dos nosos emigrantes nesa cidade, Caminos de España en el Uruguay. Como cineasta autodidacta seguiron Un viaje por Galicia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das aráceas ao que pertence a herba dos candís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pórse arisco ou irritarse un animal ou unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Animal ou persoa que se amosa esquivo e irritable ou que ten dificultades para relacionarse con outros.

    2. Que se mostra intratable na súa forma de ser ou de comportarse (actitude, mirada, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tirano de Mileto. Coa axuda de Artafernes puxo cerco a Náxos para derrocar a oligarquía. Para impedir o castigo do Emperador debido ao fracaso do proxecto (499 a C), sublevou as colonias xonias contra os persas e fixo prisioneiros os tiranos filopersas que as gobernaban. Obtivo axuda de Atenas e de Eritrea. A revolta foi sufocada polos persas e Aristágoras vencido na Batalla de Lada (495?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Comezou como axudante de dirección. Combina co seu propio estilo as preocupacións sociais, tratadas con ironía melancólica cunha forma sólida de dirixir. Entre as súas principais realizacións destacan La parte del león (1978), Tiempo de revancha (1981), Los últimos días de la víctima (1982), La ley de la frontera (1995) e Martín Hache (1997), protagonizada por Federico Luppi, un dos seus actores favoritos. Rodou a serie de televisión Aventuras de Pepe Carvalho (1983-1985). Polo seu filme Un lugar en el mundo (1991) recibiu premios en Arxentina, España (Premio Goya e Concha de Oro en Donostia), Canadá, Suíza, Francia e Brasil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crítico experto, pero excesivamente severo; emprégase como alusión ao crítico clásico do mesmo nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Astrónomo grego. Da súa obra só perviviu Da magnitude e a distancia do Sol e da Lúa. Formulou por primeira vez unha teoría heliocéntrica completa, probablemente cara ao ano 280. Por outra banda, perfeccionou a teoría segundo a cal a terra xira ao redor do seu propio eixe, explicou o ciclo das estacións pola inclinación da eclíptica e contribuíu a unha mellor medición do ano trópico. A hipótese heliocéntrica de Aristarco foi moi combatida na súa época. Non volveu ser exposta ata finais do Renacemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo da escola de Alexandría, discípulo de Aristófanes de Bizancio, ao que sucedeu na dirección da Biblioteca de Alexandría desde o 153 aproximadamente ata o 145, cando se exilia en Chipre, onde morre. Consagrou o mellor do seu talento e a súa enerxía para depurar textos homéricos.

    VER O DETALLE DO TERMO