"ballet" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

    1. Danza escénica moi evolucionada e estruturada que se harmoniza con ritmos de obras orquestrais, escritas ou non dun xeito expreso, con esta finalidade e coa representación plástica da decoración pitórica. O ballet é un espectáculo difundido internacionalmente que dispón en diferentes países de academias especializadas, xeralmente anexas aos grandes teatros de ópera, e que ofrecen periodicamente ciclos completos de ballet. A terminoloxía do ballet empregada internacionalmente é a francesa. Os diferentes elementos -a música, a coreografía, a decoración- alcanzaron un papel máis ou menos preponderante ao longo da historia do ballet: ás veces, o compositor subordínase a un plan coreográfico; outras veces é o coreógrafo quen se adapta a unha composición xa feita, pero tamén se pode crear, en igualdade de condicións, por un compositor, un coreógrafo e un pintor. A síntese destes tres elementos é o que constitúe un ballet. As orixes deste espectáculo remóntanse ao Renacemento. Na segunda metade...

    2. Obra musical composta para este espectáculo.

    3. Compañía de bailaríns que interpretan esta danza. OBS: A pronuncia da grafía ll non é palatal [¥], senón líquida lateral alveolar [l].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diversión cortesá, mestura de canto e danza, de diálogos e música instrumental, en forma de espectáculo de acción dramática continuada, no que interveñen os nobres e mais os reis, e que estivo de moda en Francia nos ss XVI e XVII. Le Paradis d’amour (O Paraíso do amor, 1575) e o Ballet comique de la Reine (Ballet cómico da Raíña, 1581) foron os primeiros intentos de ballet de cour, mentres que o Ballet d’Alcine (Ballet de Alcine, 1610) e o Ballet de la délivrance de Renaud (Ballet da liberación de Renaud, 1617), máis evolucionados, xa foron antecedentes da ópera, como tamén o foron, posteriormente, o Ballet de la Nuit (Ballet da noite, 1653) e o Ballet du Temps (Ballet do tempo, 1654), creados coa participación de Lully.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de ideónimo que designa o nome do título dun ballet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de ballet creada por Sergej Pavlovič D’agilev (ou Serge de Diaghilev) en 1909, ano no que se presentou en París, no Théâtre du Châtelet. Ademais de supoñer o inicio da danza moderna, procurando a combinación ou o forte contraste entre tradición e vangarda, as propostas escénicas desta compañía contribuíron a mostrar novos camiños para a integración harmónica na posta en escena dos diferentes medios de expresión tanto escénicos como plásticos. A súa transcendencia artística foi considerable, pois desde un primeiro momento Diaghilev contou coas achegas musicais ou coa colaboración de compositores como Nicolaj Aleksejevič, Rimskij-Korsakov, Maurice Ravel, Manuel de Falla ou Sergej Sergejevič Prokof’ev; de pintores como Pablo Picasso, Joan Miró, Georges Braque, Henri Matisse ou Max Ernst, amais dun corpo de baile no que destacaban Anna Matfejevna Pavlova, Aleksandra Danilova ou Vaslav Nižinskij. Entre as moitas achegas desta compañía, que dominou a escena mundial entre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma primitiva da carola, baile europeo medieval, e da balada, forma poética que acompañaba o baile. Componse de tres estrofas cun retrouso que se repite ao final de cada unha delas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composición vogal semellante ao madrigal con ritmo de danza e a voces diversas (ss XV e XVI).

    2. Serie de danzas, con texto ou sen el, precedidas dunha peza inicial.

    3. Composición instrumental de carácter coreográfico que, ás veces, forma parte constituínte dunha suite (Frescobaldi, Schein).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de danza da Academia Oficial de Ballet e de Ópera. Foi fundada en Moscova no 1776 e entre os anos 1820 e 1830 desenvolveu un papel determinante na creación do ballet nacional ruso. Despois da revolución de 1917 conservou o seu carácter oficial e ampliou a súa proxección internacional. Debido á disolución da Unión Soviética e á fuxida dos seus mellores artistas cara a Occidente, atravesa unha crise importante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía profesional de danza fundada na Coruña en 1949 por X. M. Rey de Viana. Desde os seus comezos promoveu espectáculos baseados na cultura tradicional galega e coidou moito a estética nas súas actuacións. En 1971, o seu fundador e director cedeu a titularidade do ballet á Deputación Provincial da Coruña, que en 1991 traspasou a xestión do mesmo ao Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM). X. M. Rey de Viana foi o director e coreógrafo da compañía desde a súa creación ata a súa morte en 1995, data en que se fixo cargo da compañía a súa muller, Victoria Canedo, ata ese momento subdirectora. En 1999 o ballet iniciou unha nova etapa caracterizada pola estrea anual dun grande espectáculo baseado na cultura tradicional galega, coa participación dun amplo equipo técnico (iluminación, escenografía e vestiario) do IGAEM, acompañado polo Grupo de Música Tradicional deste mesmo organismo. Realizou máis de cincuenta montaxes coreográficas, das que destacan Danzade, Ultreia...

    VER O DETALLE DO TERMO