"chamo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 27.

  • PERSOEIRO

    Política nicaraguana. Casou co activista demócrata Pedro Joaquín Chamorro. Logo de ser este asasinado (1978), substituíuno na dirección do xornal La Prensa, defensor das liberdades democráticas contra a ditadura. Á caída de Somoza (1979), foi uns dos membros do executivo da Xunta de Goberno de Reconstrución Nacional, pero dimitiu en menos dun ano ao adoptar unha postura crítica fronte ao Frente Sandinista Liberación Nacional (FSLN), maioritario no Consello de Estado. Apoiada pola conservadora Unión Nacional Opositora (UNO), foi Presidenta da República entre 1990 e 1997. En 1997 publicou as súas memorias Sueños del corazón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen persiste nunha idea ou actitude, sen desistir dela nin sequera ante razóns convincentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de chamar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de asteráceas de follas alternas e tripinnatisectas e receptáculos florais cónicos e ocos ao que pertencen certas macelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Savoia, no departamento da Haute-Savoie, Francia, nos Alpes (10.000 h [estim 2000]). Ocupa o eixo da cordilleira dos Alpes, onde se acadan as máximas altitudes, que corresponden ao Mont Blanc (4.807 m). O aproveitamento turístico da montaña é o principal recurso económico. O maior núcleo de poboación do concello, Chamonix, é unha estación de montaña situada a máis de 1.200 m de altitude. Na segunda metade do s XIX principiou o seu desenvolvemento, coa difusión do montañismo, que atraeu os primeiros turistas ao cumio máis elevado do continente europeo. A práctica do esquí introduciuse en 1896. En 1902 celebráronse as primeiras competicións desta modalidade deportiva. O emprazamento fronteirizo con Suíza e Italia, xunto coas súas potencialidades naturais, favoreceu que se convertera nun dos principais centros invernais do mundo, de xeito que foi elixida para acoller a celebración dos primeiros Xogos Olímpicos de Inverno (1924). Daquela disputáronse probas de seis disciplinas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que serve de límite ás parroquias de Refoxos e Cortegada, no concello de Silleda. O seu cumio acada os 819 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome e apelido de procedencia toponímica. No léxico común existe a voz chamorro co significado de ‘que está pelado ou rapado’ e ‘penedo redondo ou terreo con penedos’; por este motivo, é probable que a orixe do nome común e a do topónimo sexa a base preindoeuropea *mor ‘pedra’. O nome de lugar Chamorro faría referencia á natureza rochosa destes lugares, e podería derivar de flamma ‘chama’ e o sufixo prerromano -orro, que daría ‘monte queimado, sen vexetación’. Existe tamén unha etimoloxía popular para o topónimo de Ferrol: estando un náufrago en perigo de morte, invocou a Virxe coa frase “xa morro” que daría lugar ao actual nome. Como prenome feminino, introduciuse a raíz da devoción á Virxe de Chamorro, patroa dos mariñeiros. Ata mediados do s XIX denominábase Nosa Señora do Nordés, en alusión a este vento perigoso para os mariñeiros; posteriormente, adoptou a denominación de Virxe de Chamorro polo monte onde se sitúa. A ermida...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está pelado ou rapado, especialmente aplicado á cabeza.

    2. Monte sen vexetación e con moita pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Emigrado durante a ditadura de Primo de Rivera, ingresou na Federación Obrera Regional Argentina (FORA) e participou nas loitas sindicais portuarias en Arxentina. Trala proclamación da Segunda República en 1931 regresou á Coruña e afiliouse á CNT e á FAI. A partir de 1933, militou nos Grupos de Defensa e cometeu diversos atentados contra as forzas da orde pública e os intereses burgueses. Trala sublevación militar de xullo de 1936, ocultouse na Coruña ata o Nadal, antes de marchar cara a Bilbao, onde foi responsable do Sindicato Nacional del Transporte Marítimo. Á caída de Bilbao, marchou á base naval de Cartagena, onde asumiu o cargo de secretario de Defensa Local e colaborou na fundación da Agrupación de Gallegos Libertarios. Trasladado ao Marrocos francés ao final da guerra, formou parte da Resistencia francesa e colaborou co Comité da CRG-CNT en Toulouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Estudiou no conservatorio de Madrid. Inicialmente cultivou o lied pero debutou en México con ópera e no Liceu de Barcelona (1969). Cun repertorio moi variado, gravou zarzuelas e lieder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario mariano situado en Serantes (Ferrol) dedicado á Virxe de Chamorro. Construíuse sobre unha antiga rocha de abalar na que, segundo a tradición, se lle apareceu a Virxe a dous pastores. O edificio presenta unha planta de nave rectangular, con cuberta de madeira a dúas vertentes, e unha ábsida cadrada cuberta con bóveda de crucería do s XVI. Engadíuselle un pequeno vestíbulo (1687-1692). No interior consérvase un retablo barroco que alberga a imaxe da Virxe sedente co neno posterior ao s XII. Pegados á igrexa, está o camarín da Virxe, a sancristía e a antiga casa do ermitán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Violeta Barrios de Chamorro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica. Os nomes de lugar Chamosa semellan ter significado fitonímico: lugar onde se ía buscar material para o lume; xa que logo, remitirían ao latín flamma ‘chama’ máis un sufixo abundancial -oso. Como apelido documéntase no s XVIII: “Vicenta Chamosa” (doc ano 1752 en Santiago 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 54). A mesma orixe ten o apelido Chamoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Eume pola esquerda. Nace no lugar da Ribeira, na parroquia de Roupar (concello de Xermade). O seu curso adopta en principio unha dirección NL-SO coa que penetra na parroquia de Cabreiros. Alí, preto do lugar do Empalme, vira cara ao NO e adquire a dirección que basicamente mantén ata a fin do seu traxecto. Deste xeito chega ao concello das Pontes de García Rodríguez, no que entra pola parroquia do Aparral. Desemboca na vila das Pontes de García Rodríguez (na parroquia e concello homónimos) logo dun percorrido duns 10 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Trasmiras baixo a advocación de santa Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da beira setentrional da ría de Ares, no litoral da parroquia de San Martiño de Porto (concello de Cabanas), situada ao NO da punta da Illa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Chamoselo Río afluente do Miño pola esquerda. Nace no límite entre as parroquias de Chamoso, Arxemil e Pedrafita (concello do Corgo), da confluencia de varios regos que baixan das serras do Mirador e de Monciro (o de Pontecela, o Outeiro, o de Caxín, o Amoa e o Romeán). O seu curso adopta unha dirección NL-SO coa que penetra na parroquia de Chamoso e chega ao límite co concello de Lugo pola parroquia de Coeo. Segue cara ao S e serve de fronteira da parroquia de Santa Comba (concello de Lugo) coas de Laxosa, Manán e Paradela (O Corgo), sucesivamente. Ata a súa desembocadura, no lugar de Chamoso da parroquia de Paradela, percorre uns 5 km e drena unha conca de 163,5 km2. Achega ao Miño un caudal de 3,1 m3/s.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de san Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO