"charo" (Contén)

Mostrando 18 resultados de 18.

    1. Que é propio ou característico do charón.

    2. Que aparece recuberto cun verniz brillante, o charón.

    3. De charón ou brillante coma el, lustroso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ernizar con charón o coiro para abrillantalo.

    2. Facer que algo adquira a aparencia do charón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente pequeno dunha soa asa que se emprega para baleirar líquido dun caldeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes condritios da familia dos lámnidos ao que pertence a quenlla branca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Charollais Rexión agrícola da Borgoña, no departamento de Côte-d’Or, Francia, na prolongación setentrional do Macizo Central. A economía baséase principalmente na gandería, sobre todo na raza bovina charolesa. En 1316 constituíuse o condado de Charolais. Despois de formar parte das posesións de diversas casas nobiliarias, en 1761 uniuse á coroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fitas de seda ou raso brillante que as mulleres galegas colocaban nos zapatos e nas cofias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á raza charolesa.

    2. Raza de gando bovino propia da rexión francesa de Charolais. Caracterízase polo pelame branco amarelento e pola súa grande alzada. Moi rústica e de crecemento precoz, críase para a produción de carne.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. erniz moi lustroso que se adhire perfectamente ao material sobre o que se aplica, particularmente ao coiro.

    2. Coiro ao que se lle aplicou este verniz. Ex: Levaba saia longa e zapatos de charón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de gasterópodos da orde dos neogasterópodos que reciben o nome de bucinas, bucios, buguinas ou cornos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Coñecido tamén como Charton ou Quarton, estableceuse en Aix-en-Provence, Arles e Aviñón entre 1444 e 1466. Só se conservan dúas obras documentadas: a táboa da Virxe da Misericordia (1452) e o Triunfo da Virxe (1454). Ademais, atribúeselle a Piedade de Villeneuve-lès-Avignon.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea bienal, de ata 120 cm de altura, pubescente, de follas pinnaticompostas con folíolos ovados e festonados, e de flores amarelas dispostas en umbelas compostas. Hai formas de cultivo (subespecie sativa), de talo anguloso, folíolos agudos e raíz axonomorfa, grosa e branca, empregadas como verdura e como forraxe. En Galicia tamén se poden atopar formas silvestres en lugares herbosos e camiños, que se caracterizan por ter o talo cilíndrico ou pouco anguloso e os folíolos obtusos.

    2. Raíz carnosa e comestible da planta homónima. Ten forma alongada e polpa branca e cremosa. Emprégase, principalmente, na preparación de potaxes e sopas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Herba anual, glauca, de talos gabeadores de ata 200 cm de lonxitude. Ten follas paripinnadas rematadas en gabiáns con folíolos elípticos e estípulas grandes e ovadas; flores brancas ou púrpuras, agrupadas en acios trifloros; froitos en legume; e sementes arredondadas, verdes ou amarelas, e lisas ou rugosas. Oriúnda de Asia central, xa se cultivaba en Europa dende o Neolítico. Estendida por todas as rexións temperadas do mundo, foi unha importante planta experimental en xenética e en fisioloxía vexetal. En Galicia cultívase a variedade vulgare e a variedade axiphium, coñecida tamén co nome de tirabeque.

    2. Semente comestible da planta do mesmo nome. Adóitase preparar cocida ou guisada, raramente crúa, en menestras, ensaladas rusas, guisos de carne ou de peixe, sopas e cremas.

    3. Herbácea do xénero Lupinus da familia das fabáceas. Presenta follas cun longo pecíolo e dixitadas en cinco folíolos, flores papilonáceas en ramos terminais e froitos en grandes legumes. As sementes destes froitos, os chícharos, poden ter ata un 35% do peso en proteínas, especialmente albuminas, polo que algunhas especies se cultivan para a alimentación humana e o gando, especialmente o porcino. As sementes presentan un alcaloide que chega a resultar tóxico e que precisa ser eliminado mediante un lavado con auga salgada; tras esta operación procédese a un cocido lixeiro para facilitar a súa dixestibilidade. O chícharo bravo tamén se emprega na agricultura para plantala antes do cereal nas rotacións de cultivo e para aproveitar a capacidade das fabáceas á hora de fixar nitróxeno no chan. As especies máis empregadas son: L. albus, de flores brancas e legumes de ata 10 cm de lonxitude, presente en solos areosos do sudoeste de Galicia e cultivada na costa mediterránea, dende...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘neno’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos endomicetais, da familia das sacaromicetáceas, que producen a fermentación de azucre. A especie S. cerevisiae e as súas distintas variedades teñen un papel básico na industria alimentaria, xa que se empregan no proceso de produción de bebidas alcohólicas, especialmente da cervexa e do viño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto alemán. Colaborou con Bruno Taut, con quen se asociou (1925) en DerRing, a unión berlinesa de arquitectos, defensora da arquitectura moderna, e urbanizou a Siemensstadt. Despois da Segunda Guerra Mundial participou na reorganización do urbanismo alemán, fixo o rañaceos Romeu e Xulieta (1957-1963) e a Sala de Concertos, en Stuttgart, a Nationalbibliothek de Berlín (1963) e a Filharmónica de Berlín (1956-1964).

    VER O DETALLE DO TERMO