"compón" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 14.

  • Cada un dos cadrados dos combinados de esmalte alternado que cobren o fondo de calquera figura ou moble do escudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á carga que contén pequenos compóns e que alternan un metal e unha cor nunha soa tira. Así, por exemplo, fálase de banda componada, bordo componado, estaca componada, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que arranxa ou coloca os ósos no seu sitio cando están dislocados.

      1. Instrumento empregado polos caixistas consistente nunha regra metálica, de sección angular e provista dun tope nun extremo e dun cursor, onde se colocan os tipos e os espaciadores sacados da caixa.

      2. Parte da linotipia onde se reúnen as matrices e os espaciadores formando a liña.

    2. Forma extraxudicial de solución dunha controversia que se caracteriza pola designación voluntaria polas partes dun árbitro imparcial, o amigable compoñedor, que debe emitir unha decisión ou sentencia que ten que ser acatada por ambas as dúas partes. É unha forma de arbitraxe privada caracterizada por non gardar de xeito estricto os formalismos legais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reparación dunha cousa descomposta.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Arranxo mal feito e provisional dunha situación complexa entre dúas persoas.

      2. Solución inmoral e reprobable adoptada por varias persoas.

    1. Cantidade que se paga por algunhas bulas e licencias que non teñen un prezo establecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos elementos que forman parte da composición dalgunha cousa.

    2. Aplícase a cada un dos elementos lingüísticos que entran nunha composición conforme a unhas regras de formación específicas.

      1. Cada un dos factores que compoñen un vector ou un tensor.

      2. Factores que definen as características dun vento, especialmente a dirección da que procede.

    3. Calquera elemento ou dispositivo destinado a formar parte dun circuíto electrónico. Fálase de compoñentes activos (transistores, tubos, diodos) e de compoñentes pasivos (resistencias, condensadores, bobinas). Tamén se aplica esta designación xenérica aos dispositivos fotoeléctricos, aos circuítos integrados, aos microcircuítos, etc.

    4. Substancia que forma parte dunha mestura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formar un todo reunindo ou combinando diversos elementos, diversas partes ou diversos ingredientes.

    2. Ser as persoas ou as cousas que se indican os elementos dos que está formada algunha cousa.

    3. Formar alguén algo unindo varias cousas ou varias persoas.

    4. Crear unha obra intelectual ou artística, especialmente musical ou literaria.

      1. Arranxar algo que estaba estragado.

      2. Volver ao seu sitio un óso escordado.

      3. Recuperar algo o seu estado normal.

    5. Mediar nun asunto para poñer paz entre dúas ou máis persoas enfrontadas.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode concordar con outra cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao organismo que obtén enerxía a partir da descomposición química de organismos mortos ou dos restos de animais e plantas. A maioría son bacterias e fungos que segregan enzimas sobre a materia morta e absorben despois os produtos descompostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • descompostura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Separar algunha cousa nos elementos que a compoñen.

    2. Alterar un corpo orgánico mediante un proceso de putrefacción.

    3. Facer perder a boa disposición ou organización dalgunha cousa.

    4. Facer que unha cousa deixe de funcionar ben.

    5. Facer saír do seu sitio un óso.

    6. Causar algo diarrea a alguén.

    7. Facer perder a serenidade.

    8. Separarse as diversas partes dalgunha cousa, especialmente dunha substancia.

    9. Botarse a perder unha cousa ou alterarse a súa natureza.

    10. Alterarse a organización ou boa disposición de algo.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina que se emprega na fotocomposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se pode descompoñer.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Compoñer(se) de novo.

      2. Compoñer algo que estaba estragado ou vello.

    1. Reorganizar algo a partir dos seus propios elementos.

    VER O DETALLE DO TERMO