"esan" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 88.

    1. Labor que consiste en facer sucos paralelos na terra co arado.

    2. Primeiro suco que se abre na terra ao comezar o traballo de labradío.

    3. Xugada ou parella de bois de labor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe aparecida o 12 de outubro de 1990 e subtitulada “Revista galega da Expo´92”. Estivo dirixida por Xavier Navaza, os seus redactores-xefes foron: Alfonso Freire e Montse Castro. Entre as súas colaboracións están as de Marisol Vence, Elena Goyanes, Xavier Costa Clavell, Mariño Ferro, Carlos Villanueva e Luís Mariño. Os responsables da súa fotografía foron: Xurxo Lobato, Lalo Villar, Tono Arias e Alberto Novoa. G. Carro e Quesada tratan o humor. Nas diversas seccións como “Quinto Centenario”, “Xacobeo 93”, “Música”, “Moda” e “Letras” tratáronse novas sobre o Pavillón de Galicia na Expo de 1992 e o Ano Santo Compostelán 1993, promocionando a imaxe de Galicia. E mesmo se editou un exemplar-resumo da revista en inglés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Delfinado s XII) Poeta influenciado polas obras latinas de Julius Valderius (s IV) e do Arcipreste Leo (s X), que foi o primeiro en escribir nunha lingua románica sobre Alexandre o Grande, modelo cabaleiresco durante a Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade de instrución fundada na Habana en 1903 por aresáns emigrados a Cuba, México e EE UU. O seu obxectivo era implantar na vila de Ares e no seu termo municipal as escolas necesarias para o desenvolvemento educativo e cultural dos aresáns. A primeira dotación económica chegou en xullo de 1904.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relacionado con Ares ou cos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Ares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín saído na Habana en 1917 e dirixido por Xoán Antonio Castro, que estaba editado pola asociación de emigrantes da comarca de Ares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á arquidiócese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada no ano 1988 pola Asociación Galega de Artesáns. Conta con abundantes colaboracións literarias e fotográficas, amais dos deseños de Xurxo Fernández.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á artesanía.

    2. Persoa que exerce unha arte ou oficio manual, moitas veces de carácter tradicional. As actividades artesanais comezaron a realizarse como complemento dos labores agrícolas. Os labregos desenvolvían o oficio despois de ter feitas as tarefas propias ou cando o coidado do campo, principalmente no inverno, non requiría demasiado tempo. Este traballo resultaba fundamental para o abastecemento dos útiles de labor e o seu mantemento en bo estado significaba unha fonte de ingresos complementarios. Pouco a pouco os traballos foron especializándose e xurdiu o artesán como oficio específico. O traballo organizábase en pequenos obradoiros de carácter familiar nos que se mantiña unha tradición transmitida de xeración en xeración, pero en certos casos podían dispoñer dun ou varios xornaleiros. Os obradoiros servían, ademais, como lugares de formación dos futuros artesáns: os aprendices permanecían na casa do mestre artesán durante un período de tempo que podía ser moi variable, dependendo da dificultade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de artesáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo á artesanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Técnica de produción de obras decorativas ou con pretensións artísticas feitas á man e con repetición de pezas. Diversos oficios manuais deron lugar a formas de artesanía; así, a cerámica, a forxa do ferro, o traballo do arame, a vidrería (cristal soprado), a ebanistería (madeira tallada), etc. Actualmente sofre unha deformación en beneficio dos fabricantes de obxectos turísticos.

    2. Obra realizada de xeito manual, sen emprego de procesos industriais.

    3. Conxunto de actividades desenvolvidas mediante un traballo manual, aplicando ferramentas sinxelas e tecnoloxía básica. A diferencia da fabricación industrial, caracterízase pola elaboración de produtos individualizados e pola propia organización da empresa. O traballo artesán elabórase dentro de empresas de pequenas dimensións, de carácter familiar ou cooperativo, onde non existe unha especialización de funcións e o artesán realiza todas as tarefas. A comercialización soe ser realizada de forma directa polo propio artesán, sen a intervención de intermediarios. As técnicas de márketing fixéronse necesarias para a promoción destes produtos, caracterizados, fronte aos de elaboración industrial, como obxectos exclusivos e de calidade. A artesanía viuse reducida a unha pequena cantidade de oficios, algúns deles herdeiros directos da vida tradicional e da súa organización, como a olería, o tecido, a cantería ou a carpintería. Os seus traballos perderon o carácter funcional e pasaron a ser elementos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade creada en Santiago de Compostela en xaneiro de 1983 por iniciativa de vinte artesáns profesionais de toda Galicia co obxectivo de promover a artesanía. Presidida por Manuel González Arias, conta cuns 300 asociados de diferentes oficios en toda a comunidade autónoma. Organiza feiras comerciais como Mostrart (A Coruña), Ofeitoaman (Vigo), Navidart (Ferrol) ou Artesanoia (Noia); promove exposicións non comerciais como Outrasartesanías (Coruña, 1983-1984), Textil contemporáneo (A Coruña 1987), Cartón (Ribadavia 1988 e A Coruña 1989) e tamén ten presenza internacional (O Porto, Bruxelas, Aviñón, Lisboa, Berlín). Organiza xornadas de artesanía, encontros de Ceramistas europeos en Galicia, cursos monográficos de comercialización e deseño, etc. Presentou material promocional sobre Artesanía de Galicia en feiras como Fitur, Congreso FEGAEX (O Brasil), Feira de Braga, Feira Iberoamericana de artesanía (Canarias), Exposición Ministerio de Industria (Cuba), Celtic Excellence (Bruxelas). Promove...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Doubs e do Franco Condado, Francia, na beira dereita do río Doubs (119.194 h [estim 1995]), coñecida tamén como estación balnearia. É a antiga Vesontio, fortaleza dos secuanos. No 456 foi conquistada polos burgundios e no 1032 pasou a ser unha cidade gobernada polos seus arcebispos, liberada do dominio destes converteuse nunha cidade imperial durante o s XIII. No 1595 foi unida á coroa de España e posteriormente incorporouse a Francia pola Paz de Nimega (1678). Luís XIV, ao mesmo tempo que lle suprimiu todas as liberdades, converteuna na sede do Parlamento (1676) e da Universidade (1691). Entre os seus monumentos destacan a catedral de Saint-Jean, románica e gótica, o pazo renacentista de Granvelle (s XVI) e a Casa do Concello (s XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora teósofa. Estableceuse na India onde militou no movemento pola independencia; foi nomeada presidenta da Indian National Congress (1917), fundou o Hindu Central College de Benarés e o Indial Home Rule League. Escribiu sobre relixión e filosofía, publicando entre outras obras, The building of cosmos (A construción do cosmos, 1894) e The origin of man (A orixe do home, 1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza, principalmente da cruz, formada por besantes postos de lado ou un por riba doutro, que se rexistra nas representacións heráldicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Moeda de ouro do Imperio Bizantino que tamén tivo curso no mundo islámico e no occidente de Europa. Viuse alterada na súa pureza ao longo da Idade Media, ata que ao redor de 1350 deixou de cuñarse.

      2. besante branco

        Besante de prata.

    1. Nome dado ao dirhem, moeda musulmá de prata, a finais do s XVI.

      1. Peza de forma circular e plana, sempre de metal, que se coloca no escudo de armas sobre un fondo de cor que representa a moeda deste nome.

      2. besante-parafuso

        Besante partido coa metade destra de metal e a sinistra de cor.

      3. besante-roel

        Peza construida por un disco cortado ou partido metade de cor, metade de metal se o metal ocupa a parte destra ou a superior.

      4. parafuso-besante

        Besante partido coa metade destra de cor e a sinistra de metal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter relixioso que naceu en Santiago de Compostela no ano 1942. Cualificouse como o suplemento do Boletín Oficial del Arzobispado. Nas súas follas podíanse ler todo tipo de artigos asinados polos membros do seminario; algúns deles levaban fotos en branco e negro. No anuncio para solicitar a subscrición afirmaba a importancia desta revista no movemento relixioso católico.

    VER O DETALLE DO TERMO