"folk" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 14.

  • PERSOEIRO

    Conde de Wisborg. Diplomático sueco, fillo do príncipe Óscar Bernadotte e neto do Rei Óscar II de Suecia. Presentou aos aliados a oferta de capitulación nazi (1945). Desde 1946 foi presidente da Cruz Vermella, en 1948 foi delegado da ONU en Palestina co fin de actuar como mediador entre israelís e árabes. Morreu asasinado polos sionistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía teatral fundada en 1954 e promovida polo actor Fernando Iglesias Tacholas. Representou, entre outras, as seguintes obras: Por borrachíns!, de D. Varela Buxán; O zoqueiro de Vilaboa, de Nan de Allariz; ou Almas sinxelas, de Xabier Prado Lameiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produtora cinematográfica pontevedresa creada polos irmáns Ramón e Enrique Barreiro no mes de decembro de 1931. A empresa, na que Enrique exercía as funcións de director técnico e Ramón as de correalizador, foi unha consecuencia lóxica da actividade precedente dos irmáns Barreiro no eido cinematográfico, xa daquela coñecida dabondo, principalmente desde a estrea a mediados de 1927 da súa mediometraxe documental Pontevedra, cuna de Colón. O seu obxectivo era a creación dun “Noticiero de la Región Gallega”. De feito, a presentación en sociedade da produtora tivo lugar o 1 de outubro de 1932 coa estrea, no Teatro Principal de Pontevedra, da primeira entrega dun Noticiario que tivo varias versións, periodicidades e formatos, incluíndo o sonoro, ata 1935. Xunto con esta actividade, o máis destacado da casa Folk foi a súa relación desde a chegada da República co movemento político e cultural que reivindicou un Estatuto de Autonomía para Galicia. O primeiro froito desa conexión foi o filme Por...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero dramático e teatral que se caracteriza pola recuperación e desenvolvemento de formas escénicas, personaxes, conflitos, lendas, historias, celebracións, rituais, narracións e outros elementos e materiais diversos propios dunha determinada tradición cultural. A incorporación desta corrente aos campos teatral e literario a miúdo se produce en procesos de construción nacional, sempre relacionados coa recuperación dos sinais de identidade e das manifestacións culturais propias, e así aconteceu en Irlanda a principios do século XIX coas creacións de John Millington Synge, Douglas Hyde, Lady Augusta Gregory ou William Butler Yeats, que tiñan como obxectivo reflectir as esencias da vella cultura gaélica. En Galicia o folk drama foi reivindicado e potenciado por Antón Villar Ponte en diversas pezas como A festa da malla ou Os evanxeos da risa absoluta, nas que buscaba reflectir escenas e estampas da vida tradicional galega. Noutras ocasións a recuperación de antigas manifestacións...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á música inspirada na tradición popular.

    2. Relativo ou pertencente á música folk.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de canción comercial baseada na difusión de cancións populares, a miúdo arranxadas ou modificadas. Neste estilo, que tivo unha difusión especial a raíz do Folk Festival de Newport (EE UU) de 1959, destacaron Joan Baez, Pete Seeger e Bob Dylan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación da antiga cámara de deputados danesa que, ao ser suprimida na cámara alta ou Landsting, constituíu o Parlamento. Os 179 membros (175 por Dinamarca, 2 por Groenlandia e 2 polas Illas Feroe) son elixidos por sufraxio universal cada catro anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Número que se emprega na teoría de grafos, que se representa pola notación 107, e que ten como valor

    FORMULA

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa volcánica que está situada ao S do Pacífico, ao NL de Sydney (36,26 km2; 2.181 h [1996]). Desde   1914 depende directamente de Australia. A súa capital é Kingston. A súa economía baséase na agricultura, a pesca e, sobre todo, no turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Virginia, EE UU, que está situada na desembocadura do río Elizabeth (234.403 h [2000]). Está unida á cidade de Portsmouth. É un importante porto comercial, especializado na exportación de hulla, e posúe refinarías, industrias químicas e do automóbil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Inglaterra, Reino Unido (5.372 km2; 804.000 h [estim 2000]). A súa capital é Norwich.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título ostentado por diversos membros da nobreza inglesa. Foi outorgado por vez primeira en 1397 a Thomas Mowbray (? 1366?-Venecia 1399), conde de Nottingham desde 1383. Formou parte do grupo de nobres que de 1387 a 1389 forzaron a Ricardo II de Inglaterra a someterse á súa vontade. Esta dinastía ducal extinguiuse coa morte do cuarto duque, John (1444-1476). Ricardo III de Inglaterra restableceu o ducado en 1483, concedido a Thomas Howard (? 1430?-Bosworth 1485) e continuado pola súa familia. O título ducal ía acompañado, ademais, da dignidade de gran mariscal do reino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Inglaterra (3.798 km2; 668.553 h [2001). A súa capital é Ipswich.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título inglés concedido en 1448 a William de la Pole (morto en 1450) sobre o marquesado de Suffolk, que lle fora doado en 1444 sendo xa quinto conde de Suffolk. Sucedeuno o seu fillo, John de la Pole (morto en 1491/1492), que casou coa princesa Isabel, irmá do Rei Eduardo IV, e foron pais de Edmund de la Pole (morto en 1513), terceiro duque, que renunciou ao título ducal en 1493 para usar desde entón o de conde. O ducado foi concedido de novo en 1514 a Charles Brandon (morto en 1545), casado coa princesa María, irmá do Rei Enrique VIII e foi incorporado á coroa en 1551. O condado de Suffolk foi creado en 1337 para Robert Ufford (morto en 1369) e reverteu na coroa en 1382 pola morte sen fillos do seu fillo e segundo conde. En 1385 foille concedido a Michael de la Pole (morto en 1389), pai do quinto conde e primeiro duque de Suffolk. Por última vez foi concedido en 1603 a ...

    VER O DETALLE DO TERMO