"garo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 29.

  • PERSOEIRO

    Poeta e ensaísta italiano, expoñente do cosmopolitismo cultural do s XVIII. Viaxou por Europa e fixo amizade con Voltaire. Combateu a literatura tradicional, e empregou unha lingua áxil e clara, sobre todo no ensaio Newtonianismo per le dame (1737), exemplo de poesía filosófica onde tratou temas de arte e de literatura. Escribiu unha notable obra crítica musical que repercutiu na reforma do xénero operístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento da rexión de Midi-Pyrénées, Francia (6.309 km2; 991.325 h [estim 1995]). A capital é Tolosa (Toulousse).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao conxunto de Austria-Hungría.

    2. Relativo ou pertencente á monarquía austrohúngara ou aos seus súbditos.

    3. Unión real -con características federais- chamada tamén Austria-Hungría ou monarquía dual, establecida polo Ausgleich do 1867, entre o Imperio de Austria -reducido á Cisleithania- e o Reino de Hungría (ou Transleithania). A unión resultou disolta no 1918, ao remate da Primeira Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Bulgaria, aos seus habitantes, ao pobo búlgaro ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Bulgaria.

      1. Individuo do pobo búlgaro.

      2. Pobo que habita, formando un grupo homoxéneo, en Bulgaria e que se estende cara ao norte, en Romanía; son o resultado da fusión dos antigos poboadores turcos do s VII, chamados tamén búlgaros ou protobúlgaros, co substrato eslavo, do que adoptaron a lingua e a cultura. Tamén recibiron influencias cristiás (creación da Igrexa Ortodoxa búlgara no s IX) e turcas. Os búlgaros, aproximadamente uns 9.000.000 de individuos, abandonaron o norte de Grecia a raíz do Tratado de Lausanne en 1923.

      3. Pobo de orixe turca que se estableceu a mediados do s VII no N do Mar Negro; unha rama desprazouse cara ao sur chegando ao Danubio, e a outra estableceuse nas ribeiras do Volga dando lugar aos búlgaros do Volga.

    3. Xentilicio recollido por primeira vez a finais do s V, empregado polos bizantinos para designar os pobos non indoeuropeos do norte do imperio.

    4. Pastel de forma cilíndrica, semellante a un brazo de xitano pero moito máis pequeno, que a miúdo se recobre de chocolate e vai recheo de nata ou de crema.

    5. Lingua eslava meridional falada en Bulgaria, Serbia, unha parte de Grecia, Romanía, Moldavia e Ucraína. O búlgaro escríbese en alfabeto cirílico, que se compón de trinta letras, das que se suprimiron dúas na reforma ortográfica de 1945. A historia da lingua búlgara divídese en tres períodos principais: o búlgaro antigo ou eslavo antigo, usado ata o s XII; o búlgaro medio, variante do eslavo meridional, empregado dende o s XII ata o s XIV; e o búlgaro moderno, que ofrece moi poucas analoxías co primeiro. Dentro do búlgaro considéranse dous dialectos principais: o búlgaro oriental, no que a antiga vogal ĕ confundiuse con ia e orixinou a alternancia e/ia, e o búlgaro occidental no que esa vogal evolucionou cara ao son [e]. A lingua literaria contemporánea, aparecida a partir do s XVIII e consolidada a mediados do XIX, baseouse nos dialectos do nordés. Caracterízase por ser unha lingua analítica que practicamente perdeu...

    6. Arte desenvolvida polo pobo búlgaro. A arte búlgara produciu unhas das primeiras realizacións urbanas do mundo eslavo (s VIII), con igrexas basilicais e de planta circular, que perduraron ata o s XI, como a basílica de Pliska-Aboba, e a igrexa do pazo Preslav. Do s XII ao XIV aumentou a influencia bizantina na arquitectura. Os zografs (‘pintores relixiosos’) búlgaros crearon, así e todo, obras de carácter diferente. As pinturas murais máis importantes atópanse nos osarios dos mosteiros de Baškov (s XII) e Bojana (s XIII). Os osarios son notables tamén pola súa planta dunha soa nave. A icona máis antiga, San Teodoro, é un exemplar único. A partir do s XII comezou a espiritualización da forma. Numerosas iconas levan inscricións en grego, reflectindo o prestixio do que gozaban entre os búlgaros as iconas deste país. A escola de Târnovo produciu iconas ata a conquista de Bulgaria polos turcos. Entre os manuscritos sobresae o salterio de Tomichov, do s XIV. A pesar da dominación turca...

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Castaña que se solta do ourizo cando está madura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pseudónimo de Mariano José de Larra y Sánchez de Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe literario protagonista de tres comedias de Beaumarchais, La précaution inutile ou Le Barbier de Séville (1775), La folle journée ou Le mariage de Figaro (1778) e o drama La mère coupable (1792). Sobre libretos inspirados nestas obras, W. A. Mozart compuxo As vodas de Fígaro e G. A. Rossini O barbeiro de Sevilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario francés fundado en 1854 en París. Inicialmente saíu como semanario satírico pero en 1866 pasou a publicarse diariamente e converteuse nun dos xornais franceses de maior tiraxe. De tendencia monárquica dende 1871, co tempo adscribiuse ao republicanismo moderado. Entre os seus colaboradores históricos cómpre destacar a Alexandre Dumas, Victorien Sardon e Edmond e Jules de Goncourt. No período 1942-1944 deixou de editarse por mor da censura imposta polos alemáns na Segunda Guerra Mundial. En 1950 superou a tiraxe de medio millón de exemplares. Na súa redacción creáronse os suplementos Le Figaro littéraire, Le Figaro Magazine, Madame Figaro, Figaro Economie, Figaroscope e Le Figaro Patrimoine. Trala morte do principal accionista Robert Hernant, en 1999 pasou ao control do grupo Socpresse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua do phylum sino-tibetano que se fala na India e en Bangladesh. Utiliza habitualmente a escrita bengalí, aínda que se vai estendendo o uso do alfabeto latino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Benvenuto Tisi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Europa Occidental. Nace en España, no Val de Arán, descende os Pireneos e penetra en Francia, na Gascoña. O seu curso adopta unha dirección NO, para virar despois ao NL, ata que chega a Toulouse, onde recobra a dirección NO. Pasa por Agen e Bordeos e desemboca no esteiro da Gironde, no Océano Atlántico, despois dun percorrido de 525 km de lonxitude. Co Ariège recolle todas as augas da vertente norte da maior parte do Pireneo Oriental. O Garonne constitúe, xunto co Ródano, a grande arteria fluvial de comunicación do S de Francia (a canle do Midi), que comunica o Océano Atlántico co Mar Mediterráneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do NL de Camerún, situada á marxe dereita do río Bénoué, ao NL de Yaoundé (142.000 h [1987]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á vaca e ao boi que teñen os cornos curvados cara a arriba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Hungría, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Hungría.

    3. Lingua da familia finoúgria do phylum urálico. Fálana uns 16 millóns de persoas, deles uns 10 millóns viven en Hungría. Hai importantes minorías húngaras en Romanía, Eslovaquia, antiga Iugoslavia e na CEI. O primeiro texto húngaro é de finais do s XIII. O húngaro estándar consolidouse na primeira metade do s XIX, época en que se produciu a normativización ortográfica e gramatical. Conta cun gran número de préstamos léxicos procedentes das linguas turcas e eslavas, do alemán e do latín. OBS: Tamén se denomina maxiar.

    4. Arte desenvolvida en Hungría. As primeiras manifestacións artísticas son semellantes á arte das estepas. Da arte romana da provincia de Panonia consérvanse vestixios da cidade de Aquincum (actual Budapest), dos ss III e IV. Cómpre destacar tamén o cemiterio paleocristián de Pécs, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (2000). Do s X destaca a elaboración dos metais (tesouros de Nagyszentmiklós). Co cristianismo apareceron as primeiras obras baixo a influencia lombarda e francesa (catedral de Pécs, mosteiros de Zsámbék e Ják). Nos ss XII e XIII o taller real de Esztergom converteuse en centro artístico. Do s XIII destaca o mosteiro de Pannonhalma, Patrimonio da Humanidade dende 1987. Despois da incursión devastadora dos tártaros (1241), a sede real trasladouse a Buda, capital que viviu unha primeira época de prosperidade en tempos dos reis anxevinos Carlos Roberto e Luís I o Grande (1308-1382). A influencia italiana fortaleceuse e manifestouse, entre outras obras, en Képes...

    5. Arte cinematográfica desenvolvida en Hungría. En 1912 comezou unha produción máis ou menos regular, coas realizacións de Mihály Kertèsz (máis tarde Michael Curtiz), Sándor Korda (Alexander Korda) e Pál Fejös (Paul Fejos). A rexencia do almirante Horthy fixo que as figuras principais abandonasen o país; Béla Blasko (Bela Lugosi), Lya de Putti, Paul Fejos, Alexander Korda e Michael Curtiz marcharon a Hollywood. Cara á década de 1940 o cine húngaro pasou por un momento brillante, con éxitos como Emberek a havason (1942), de István Szöts e Talpalatnnyi föld (1948), de Frigyes Bén. A partir de 1954 houbo unha certa apertura estatal; nomes novos introducíronse no panorama cinematográfico do país (Miklós Jancsó, György Révész), cun cine con personalidade propia. Tamén cómpre destacar a István Gaál, István Szabó, Márta Mészáros e Pál Gábor. Ata o afundimento do réxime comunista, o cine húngaro continuou producindo obras de interese. Cómpre mencionar o xa consagrado István Szabó...

    6. Literatura escrita en húngaro. Os húngaros, no s IX, xa posuían unha poesía de transmisión oral, que se conservou malia a cristianización do país e a adopción do latín como lingua culta. O primeiro poema húngaro conservado é unha lamentación da Virxe, escrito ao redor de 1300, e o primeiro poeta húngaro con nome coñecido foi o humanista J. Pannonius (s XV), que escribiu en latín. A partir do s XV difundiuse a literatura en lingua vulgar; B. Balassi (1554-1594) inaugurou a tradición poética que canta a loita contra os turcos. Continuouna M. Zrínyi (1779-1805), e ao finalizar os ss XVII e XVIII floreceu a poesía manuscrita dos kuruc. Como personalidade illada destacou K. Mikes (1690-1761). A finais do s XVIII e nos comezos do XIX, os representantes máis destacados da Ilustración foron G. Bessenyei, J. Batsányi, F. Kazinczy, M. Csokonai Vitéz e D. Berzsenyi. J. Katona escribiu en 1821 o drama histórico Bánk bán. Na década de 1830 desenvolveuse un amplo movemento nacional, do que xurdiu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa próxima á costa meridional de Australia, no Océano Índico, pertencente ao estado de Australia Meridional (4.351 km2).

    VER O DETALLE DO TERMO