"moro" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 59.

  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, no Bajo Alberche (2.219 h [1996]). Ten agricultura mediterránea. Gando lanar. Explota canteiras de granito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Locución do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á locución ‘viño bo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Celanova baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herba perenne, estolonífera, de follas trifoliadas e flores brancas, que produce un falso froito ou heterio denominado amorodo, formado polos froitos auténticos que son pequenas núculas dispostas sobre un receptáculo carnoso e vermello na madureza. Atópase en toda Galicia en ambientes sombrizos, nas beiras de bosques e matogueiras. Pódense atopar tamén variedades cultivadas desta e doutras especies do mesmo xénero seleccionadas para a produción de amorodos meirandes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Froito da amorodeira. É moi apreciado polo seu aroma e sabor, tanto a silvestre como a cultivada. Emprégase en moitas preparacións como na elaboración de marmeladas, xaropes, xelatinas, xelados, tartas e ensaladas de froitas.

    2. amorodeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario. Hai que destacar na súa obra: Introdución á novela contemporánea (1966), Eugenio d’Ors, crítico literario (1971), Modernismo y Postmodernismo (1974) e Sub-literaturas (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e educador. En 1806 encargáronlle a creación do Real Instituto Pestalozziano de Madrid e en 1807 ascendérono a Coronel. Foi conselleiro de estado de Xosé I (1808), deputado de Baiona (1808), gobernador de Santander (1808), comisario do País Vasco (1809), ministro de policía para Andalucía (1810) e comisario real para o exército de Portugal (1811). Escribiu unha Representación a Fernando VII de grande interese para o coñecemento do pensamento dos afrancesados. En 1813 emigrou a París e adquiriu a nacionalidade francesa (1816). Interesado pola educación física, en 1818 fundou un ximnasio e formulou o “método francés” de ximnasia, polo que se considerou un dos fundadores da ximnasia moderna. É autor de Manual de educación física, ximnástica e moral (1830). Unha vez de volta na península, outorgáronlle o título de conde de Sotelo (1839).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carles Boloç.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor de lingua castelá coñecido polo pseudónimo de Silverio Lanza. Nas súas obras reflíctese a realidade política e social do momento, como en Noticias biográficas acerca del Excmo. Sr. Marqués de Mantillo, publicado no ano 1889, Ni en la vida ni en la muerte, de 1890, etc. Foi considerado un precedente da Xeración do 98.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa formada por Francesc Amorós e Oswald Silvestrini e constituída por diversos circos ambulantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que sente amor.

      1. Que denota, que manifesta amor.

      2. Inspirado polo amor.

    2. Afectuoso, agradable ao tacto ou aos sentidos en xeral.

    3. Suave, brando, que é bo de traballar (aplicado ás cousas).

    4. Suave, apacible, tranquilo; dise do tempo, do mar e de calquera fenómeno meteorolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma que indica que a interpretación ten que ser delicada e suave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e matemático italiano. Analizou a formación de prezos en situacións de monopolio e duopolio, ampliando a análise de Walras sobre o equilibrio de mercado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse nos anos sesenta na Escola de Artes e Oficios de Vigo, onde recibiu unha fonda influencia de Curty e Maximiliano Vidales Espinosa. Foi un artista polifacético que realiza caricatura, retrato e paisaxe; así mesmo, a permanente innovación levouno a realizar esculturas con obxectos de refugallo con grande imaxinación. A súa obra participa dunha eterna vocación romántica e posúe unha suave ironía de fondo. A partir de moldes impresionistas, realiza unha pintura sobria, case esquemática e baseada nun firme debuxo, dun acabado coidadísimo e de pincelada solta e de ampla mancha colorista que, ás veces, queda circunscrita por unha liña negra. A cor é a verdade máxima da súa pintura. Recibiu o Premio Dotación de Arte Castellblanc (1969) e concorreu nas Bienais de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se manifesta ou vai acompañado de clamor. Ex: O clamoroso recibimento que lle dispensaron deixouna atónita.

    2. Que sae do que se considera normal ou que sobresae por algunha calidade. Ex: A súa clamorosa actuación tivo sona en toda a parroquia. Aquela clamorosa mentira estendeuse por toda a vila.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Esparexer ou revolver a borralla.

    2. emborrallar.

      1. Derrubar un noiro, valado ou calquera construción.

      2. Botar ao chan aquilo que estaba ordenado ou xunto.

      1. Derrubarse un noiro, valado ou calquera construción.

      2. Caer ao chan aquilo que estaba ordenado ou xunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eduardo Manuel Matamoro Irago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Din Matamoro, formouse en Madrid, Nova York e Roma, e desde 1985 vinculouse a Atlántica. Especializado en pintura e gravado, evolucionou desde o neoexpresionismo e incorporou distintos materiais nas súas obras.   Na súa produción destaca a compoñente autobiográfica e a súa estética cambiou coas súas vivencias, que incorporou ás súas obras. Empregou o gran formato cunha figuración distorsionada e cunha importante presenza da materia pictórica con cores fortes e brillantes. Trala súa estancia en Nova York, incorporou elementos do neopop e experimentou con materiais diversos como o látex. Explorou coa luz, a cor e a materia, mesturadas coas alusións ao cine como metáfora da lembranza (Pantallas, 1993). Da súa produción destacan Depuradora (1987), Eigthies (1988-1989), Coiro (1989), El agua se agitó y se puso blanca (1996), Bar (1996-1997) e Un par de versos I (1997). Recibiu a segunda medalla da Bienal de Pontevedra en 1990 e a súa obra está presente, entre outros, no...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Tamaulipas, México, situada a 50 km da desembocadura do Río Bravo del Norte (418.141 h [2000]). É cidade aduaneira e fai fronteira con EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde ás voces ‘lugar’, ‘aldea’ e ‘pobo’.

    VER O DETALLE DO TERMO