"nente" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 39.
-
VER O DETALLE DO TERMO
relator
-
-
Que se abstén.
-
Que practica a abstinencia.
-
-
Que respecta e observa as abstinencias impostas por preceptos relixiosos.
-
Designación que recibían na Igrexa primitiva os homes e mulleres que se abstiñan do matrimonio e de calquera relación sexual como vieiro para o perfeccionamento relixioso.
-
-
Corrente gnóstica que se caracterizaba fundamentalmente polo desprezo do mundano, do alimento e do matrimonio como feitos demoníacos que, dun xeito ou doutro colaboraban na suxeición da alma á prisión opresiva da materia. O agnosticismo foi documentado na Aquitania, nas Galias e na Hispania por Filastro de Brescia a finais do s IV. Por fontes priscilianistas, sábese da presencia en Galicia dunha comunidade quase-abstinente composta por cregos e leigos, homes e mulleres, mesmo parellas, dedicados á práctica ascética. Defendían o xaxún non preceptivo, a lectura pía e a oración. Ademais, pénsase que non consumían carne e celebraban conciliábulos nocturnos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Referente ao que se expresa.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo alemán. Está considerado como o primeiro especialista en fotografía artística. Dedicouse a retratar imaxes dende os anos 80 do s XIX.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cada un dos elementos que forman parte da composición dalgunha cousa.
-
Aplícase a cada un dos elementos lingüísticos que entran nunha composición conforme a unhas regras de formación específicas.
-
-
Cada un dos factores que compoñen un vector ou un tensor.
-
Factores que definen as características dun vento, especialmente a dirección da que procede.
-
-
Calquera elemento ou dispositivo destinado a formar parte dun circuíto electrónico. Fálase de compoñentes activos (transistores, tubos, diodos) e de compoñentes pasivos (resistencias, condensadores, bobinas). Tamén se aplica esta designación xenérica aos dispositivos fotoeléctricos, aos circuítos integrados, aos microcircuítos, etc.
-
Substancia que forma parte dunha mestura.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten relación co que se expresa. OBS: Emprégase seguido da preposición a.
-
-
Que practica a continencia.
-
Aplícase á cousa que contén outra dentro de si.
-
-
Cada unha das grandes extensións de terra emerxida. Desde un punto de vista estrutural, os continentes engloban tamén as plataformas continentais somerxidas, que descenden suavemente desde o litoral ata profundidades de 200 m. A separación entre as terras somerxidas e emerxidas denomínase noiro continental. Estruturalmente, os continentes son Eurasia, América do Norte, América do Sur, Oceanía e A Antártida; sen embargo, desde un punto de vista histórico ou xeográfico tradicional, en Eurasia distínguese entre Europa e Asia, mentres que América se considera un único continente. As terras emerxidas supoñen aproximadamente o 29% da superficie total da codia terrestre e agrúpanse principalmente no Hemisferio Norte. Se se consideran as plataformas continentais como parte dos continentes, a superficie continental total aumenta ata o 35%. As illas que se atopan na plataforma continental dun determinado continente considéranse parte do mesmo; este é o caso de Groenlandia, Tasmania ou as...
-
Cada un dos bloques continentais en relación ás illas próximas.
-
novo continente /
Denominación aplicada a América dende unha perspectiva eurocéntrica, a partir dos descubrimentos colombinos de finais do s XV, en contraposición ao vello continente que constituía Europa.
-
vello continente /
Denominación aplicada a Europa a partir da chegada dos españois a América, como contrapunto dese novo continente, ignoto polos europeos.
-
-
-
-
Que ou quen depón.
-
-
Aplícase á voz media do latín, é dicir, a aqueles verbos que expresaban que a acción realizada polo suxeito recaía sobre el ou sobre as súas cousas. Segundo os gramáticos latinos eran verbos que “abandonaran” (deponere) a flexión activa para tomar a flexión pasiva, aínda que conservando o seu sentido activo. Son depoñentes, por exemplo, orior (‘nacer’), vescor (‘alimentarse’), morior (‘morrer’) e potior (‘apoderarse de’). Poden pertencer a calquera das catro conxugacións e o seu enunciado ten os mesmos elementos ca calquera outro verbo, pero sen supino. Ao usarse como activos, poden ir acompañados de complemento directo.
-
depoñente activo
erbo latino con desinencias activas e significación pasiva, por exemplo, fio (‘son feito’) e vapulo (‘son azoutado’).
-
-
Persoa que efectúa un depósito, polo que entrega a outra, o depositario, unha cousa moble para que a garde ata que a primeira lle reclame a súa devolución.
-
-
-
Que é máis alto ou sobresaínte no seu tamaño cás cousas circundantes.
-
Que sobresae ou destaca polas súas boas calidades.
-
-
-
Que ou quen expón.
-
Persoa ou cousa representativa do máis característico dun xénero, grupo ou categoría.
-
-
Número de veces que se multiplica por si mesma a base dunha potencia.
-
Número ou expresión alxébrica que se pon na parte superior dereita doutro número ou expresión e que indica o número de veces que este se ten que multiplicar por si mesmo.
-
-
-
CONTINENTES
Continente hipotético que comprendería América do Sur, África, Madagascar, India, Australia e A Antártida e que, xunto co continente de Laurasia, formaban o de Panxea. Segundo a teoría da deriva dos continentes e a tectónica de placas, África e América do Sur, unidas ao final do Cretáceo, comezáronse a separar.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que non vén ao caso.
-
-
Que ou quen fai ou di cousas que resultan molestas, irreverentes ou que están fóra de lugar.
-
Propio da persoa impertinente.
-
-
-
-
Que impón algo non material, especialmente temor ou medo.
-
Que é moi bo ou magnífico.
-
Que é moi guapo ou atractivo.
-
-
-
Que impón algo non material, especialmente temor ou medo.
-
Que é moi bo ou magnífico.
-
Que é moi guapo ou atractivo.
-
-
-
Que non é capaz de conterse.
-
Que ou quen padece incontinencia.
-
-
-
Relativo ou pertencente á inmanencia.
-
Que está intimamente unido a algo ou a alguén, debido á súa natureza
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está a piques de ocorrer.
-
CONTINENTES
Protocontinente do hemisferio N que se contrapón ao de Gondwana do hemisferio S. Os dous protocontinentes fragmentáronse a partir do supercontinente chamado Panxea que agrupaba, durante o Paleozoico Inferior, a totalidade da superficie continental da Terra. Laurasia estaba formada por América do Norte, Groenlandia e Eurasia, excluíndo India.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Persoa que está directamente baixo as ordes do xefe e con autoridade para substituílo en situacións determinadas.
-
Oficial real que representaba ao monarca durante a súa ausencia en cada un dos estados patrimoniais da monarquía aragonesa entre os ss XV e XVIII. A figura tivo a súa orixe no absentismo real. Nun principio tiña carácter permanente, e cesaba automaticamente cando o rei entraba no reino. Institucionalizouse posteriormente, en Catalunya en 1479, en Aragón en 1492 e en València en 1520. Nos reinos de Nápoles e Sicilia prevaleceu a denominación de vicerrei desde o s XVI. O cargo foi suprimido polos Decretos de Nueva Planta.
-
Persoa que substituía o monarca, na Baixa Idade Media, durante a súa ausencia ou en casos de incapacidade. Normalmente este cargo recaía na raíña, no infante primoxénito ou no herdeiro da coroa e, malia que o título fose máis ou menos permanente, a lugartenencia exercíase por un breve período de tempo ou en situacións de carácter circunstancial. As súas atribucións eran amplas, con facultades delegadas para convocar e presidir as Cortes, convocar e presidir o Consello Real e realizar todos os actos propios do soberano.
-
-