"ruxa" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 40.

    1. Encoller o corpo dobrando os xeonllos e arqueando lixeiramente o lombo.

    2. erter cinzas sobre o lume co obxecto de manter as brasas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de aturuxar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Botar berros de alegría ou aturuxos como acompañamento das cantigas ou dos bailes, nos días de troula e nas romarías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesora. Destaca pola súa preocupación ao redor da docencia infantil en galego. Publicou en colaboración con Henrique Harguindey: Textos pró ensino galego (1976), Lerias e enredos para os máis pequenos (1981) e Contos populares (1983), reeditado no 1994 co título de Antoloxía do conto popular galego. En 1998 publicou O mal do zapateiro e outros contos. 
     
    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Muller que, segundo as crenzas populares europeas, ten pauto co demo, do que recibe poder para realizar meigallos, adiviñar o futuro, etc. En Galicia, representa un personaxe fronteirizo entre a superstición e a relixión, tratado con simpatía e respecto, nunca con odio. Ademais, coma no resto de Europa, a bruxa voadora é o símbolo da mala persoa. Nunha cultura como a tradicional, na que cristián equivale a persoa cabal, a bruxa, a mala persoa mítica, é a imaxe en negativo do cristián. Así como o cristián imita a Deus, a bruxa imita o Demo; así como o cristián é servo de Deus, a bruxa é a serva de Satán. Por iso, todas as características atribuídas ás bruxas son as mesmas ca as do demo. E por iso, a relación entre a bruxa e o demo é a copia, tamén en negativo, da relación entre os cristiáns e Deus. No bautismo o cristián renega de Satán e faise fillo de Deus; no seu bautismo a bruxa renega de Deus e da relixión e faise serva do demo. O cristián adora a Deus, mentres que a bruxa adora o demo....

    2. Muller mala que causa dano ou provoca conflitos de maneira intencionada.

    3. Curandeira que emprega esconxuros.

    4. Muller vella e fea.

    5. bicuda.

      1. Conxunto de medidas inquisitoriais destinadas a localizar e castigar as persoas sospeitosas de bruxería.

      2. Expresión extraída da obra de Arthur Miller The Crucible (As bruxas de Salem, 1953), que pasou a designar o período de represión política nos EE UU (1950-1954) dirixido polo senador MacCarthy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Flandres, capital da provincia de Flandres Occidental, Bélxica (115.500 h [1997]). Está unida ao mar do Norte por diversos canais, como o Brugge Zeekanal. Centro industrial, turístico e comercial, o seu porto esténdese ata Zeebrugge. Constitúe unha encrucillada de estradas e de ferrocarril. O seu nome procede das numerosas pontes (brug, en flamengo) que atravesan os seus canais. Desde 1950 desenvolve as súas actividades na cidade o Collège d’Europe, centro internacional de estudios europeos. Bruxas xurdiu dun burgo, no s IX, situado no desaparecido golfo de Zwing, protexido no s X por un castelo do conde de Flandres. No s XI converteuse nun centro comercial de certa importancia, e a mediados do s XII iniciouse a promoción que a converteu nun dos grandes centros de produción e exportación da industria do pano flamengo. No s XIII era xa o primeiro centro financeiro permanente de Europa occidental. O conde de Flandres concedeulle feira (1200), que perdurou ata o s XVIII....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua asiática illada xeneticamente que falan os buruxos. Situada na rexión de contacto de familias lingüísticas diversas (índicas, iránicas, turcas e tibetanas), posúe unhas características particulares que non permiten clasificala en ningunha agrupación coñecida. Conta cuns 30.000 falantes no Paquistán setentrional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de cantaruxar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantar entre dentes e moi baixiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘luz’.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. curuxa asiática [Phodilus badius, Fam dos titónidos]

        Rapaz de 30 cm de lonxitude, coa cabeza de forma ovada, peito de cor branca, con pequenas manchas de cor negra e dorso de cor acastañada. A voz consta dunha serie de asubíos musicais. Constitúe unha especie propia de selvas do N da India, Sri Lanka, China, Borneo e Xava.

      2. Rapaz nocturna da familia dos estríxidos, de tamaño medio, que non presenta penachos na parte superior da cabeza. A plumaxe adoita ser de cor branca na cara e no peito, mentres que o dorso presenta unha coloración críptica. É unha ave nocturna e agóchase durante o día nos recunchos máis escuros; por isto, é atributo da Noite personificada e do Soño. Segundo un mito clásico, Nitimene, tras cometer incesto co seu pai, fuxiu avergoñada ao bosque, onde Atenea a transformou en curuxa. Na arte e nos bestiarios medievais, as curuxas representan os xudeus, que permanecen na escuridade sen crer en Cristo. Por ser nocturna está asociada co Príncipe das Tebras. Shakespeare pon plumas de curuxa na apócema das bruxas de Macbeth. Leva unha vida solitaria e fai o niño en edificios semiderruídos, campanarios e, en xeral, en lugares apartados. En Francia cren que a curuxa é unha muller que fai penitencia. A súa asociación con Atenea vén do seu parecido co moucho, que é o animal realmente vinculado a esa...

      3. curuxa común/albar [port: coruja-das-torres; cast: lechuza común; ingl: barn owl] [Tyto alba, Fam dos titónidos]

        Rapaz de 35 cm de lonxitude, coa parte frontal da cabeza con forma de corazón e as partes superiores de cor dourada con puntos dunha cor entre cinsenta e azulada. Presenta un voo lixeiro e silandeiro. Aliméntase fundamentalmente de roedores que caza en espacios abertos. Aniña tanto en cavidades naturais coma en construcións humanas. Está presente en Europa, África, América, Nova Guinea, Melanesia e Polinesia.

      4. curuxa das xunqueiras [port: coruja-do-nabal; cast: lechuza campestre; ingl: short-eared owl] [Asio flammeus, Fam dos estríxidos]

        Rapaz de 40 cm de lonxitude, de ás longas, plumaxe de cor parda amarelada con trazos e manchas de cor acastañada, pequenos penachos case que ocultos, e de actividade diúrna. Presenta unha distribución holártica e neotropical e está presente en latitudes medias do continente americano e en case toda Europa e Asia. Habita en zonas abertas, sen árbores, como medios húmidos e barbeitos do cultivo do cereal. Nas últimas décadas do s XX, coincidindo coa expansión na meseta da corta campestre, estableceuse unha importante poboación que nidificou nos vales do Duero e do Ebro. En Galicia está presente como ave de paso e invernante.

      5. curuxa de Tengmalm

        moucho pirenaico.

      6. curuxa do souto

        avelaiona común.

      7. curuxa gabián [cast: lechuza gavilana; ingl: hawk owl] [Surnia ulula, Fam dos estríxidos]

        Rapaz de 40 cm de lonxitude, de cara branca cun marco negro, peito branco con franxas negras horizontais, cola longa e ás afiadas. Caza durante o día, principalmente pequenos paxaros e roedores. Vive nos bosques de coníferas e bidueiros do N de Europa, Asia e Norteamérica.

      8. curuxa nival

        bufo nival.

    1. Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘luz’.

  • Premio anual convocado dende 1985 polo Museo de Humor de Fene, dirixido polo humorista Xaquín Marín. Divídese nas modalidades: gráfica, literaria, fotográfica, de honra, de barro e aos medios. Entre algúns dos galardoados destacan Antón Cortizas (1986), en literatura; Xan López Domínguez (1987), no apartado gráfico; e Manolo Rivas (1989); a revista Can sen dono (1990) e o programa radiofónico Corre Carmela que chove (1994), no que atinxe aos medios. Entre os premiados coa curuxa de honra destacan Isaac Díaz Pardo (1985), Xulio Prieto Nespereira (1988), Xosé Neira Vilas (1989), Laxeiro (1991), Arsenio Iglesias (1994), Fernando Quesada Porto (1996), Clodio González Pérez (1999) e Siro López (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada a partir de decembro de 1981 en Vigo, subtitulada “Revista Galega de Información Xeral”. Dirixida por José A. Otero, contaba cun consello de dirección formado por Agustín Alfaia, Isidro Amoedo, Bernardino Crego e Xosé Mosquera, e cun grupo de colaboradores integrado por Vicente Llorca, David Álvarez, Ramón Somoza, Roxelio Varela e María Xosé Porteiro. Dividiuse nas seccións: “Editorial”, “Política”, “Economía”, “Pensamento”, na que se incluíu unha análise das teses do nacionalismo de Castelao, “Sociedade”, na que se analizaba o papel da televisión en Europa, “Internacional”, “Poesía” e “Música”. Á parte das entrevistas realizadas a distintos persoeiros da vida política e cultural, como Álvarez Gándara, pertencente ao Partido Galeguista, e José Oneto, director de Cambio 16, ofrecía recensións de distintos libros, como o de O atraso económico de Galicia, de Xosé M. Beiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual bilingüe aparecida en Corullón (Villafranca del Bierzo) en abril de 1983. Editada pola comunidade escolar do concello, contaba co apoio do Centro de Recursos de Villafranca del Bierzo e da Agrupación Experimental Bierzo, conformada polas escolas de Corullón, Dragonte, Cadafresnas, Hornixa e Viariz. Contou coa colaboración de Antonio Pereira, Juan Carlos Mestre, Antonio González, José A. Balboa, Miguel Jota e José I. Ramos. No seu quinto ano editouse unha monografía titulada A Curuxa, cinco años de prensa escolar. A partir dese mesmo ano, comarcalizouse e comezou a publicar diferentes colaboracións de historia, poesía, política e literatura. Tamén se incluíron artigos relacionados con aspectos etnográficos e culturais da zona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no lugar de Tivo (Caldas de Reis). Construída cara ao s XVI, consta dunha planta en forma de L e dunha torre con cuberta a tres augas. No exterior destacan os brasóns dos Moreira, Caamaño, Vilardefrancos, Mosquera, Da Maza, Bermúdez, Sotomayor, Castro, Somoza e Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emitir o seu canto característico a curuxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • desenmeigar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sacar a ferruxe a algo metálico.

    2. Facer que algo recupere a súa actividade normal.

    3. Recuperar a actividade normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do SL de Europa comprendida entre o curso inferior do río Danubio e o Mar Negro, ao NL de Bulgaria e ao SL de Romanía (23.400 km2). Esténdese a ambos os lados da meseta arxilosa de Karasu. Está dividida en dúas partes: o sector N, que corresponde a Romanía, poboado por romaneses, rusos, ucraínos, turcos e tártaros, que viven espallados, e no que destaca Constanţa como centro máis importante; e o sector S, que corresponde a Bulgaria, economicamente máis desenvolvido, sobre todo na agricultura. As condicións climáticas impediron durante séculos a mellora da agricultura, non obstante esas mesmas características favoreceron a gandería, principalmente a cría de gando vacún. Durante o s XX, os avances tecnolóxicos permitiron o cultivo de cereais, viña e follas de tabaco. No s VI a C establecéronse colonias gregas e no 75 a C foi incluída dentro da provincia romana de Mesia. Disputada por búlgaros e bizantinos, en 1396 conquistárona os turcos e en 1417 quedou baixo o dominio...

    VER O DETALLE DO TERMO