"ues" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 481.
-
PERSOEIRO
Teólogo protestante occitano. Pastor das igrexas francesas de Berlín e de Londres. Autor do Traité de la verité de la religion chrétienne (1684).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nome empregado por Laura Saint-Martin Permon, escritora francesa casada en 1799 co xeneral napoleónico Jean Andoche Junot, duque de Abrantes. Publicou diversas obras que reflicten os principais acontecementos da época. Destacan as súas Mémoires et Souvenirs d’une ambassade et d’un séjour en Espagne et Portugal (Memorias e lembranzas dunha estancia en España e Portugal, 1837).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que adoptou os costumes burgueses caracterizados por unha postura cómoda, conformista e descomprometida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de manter actitudes burguesas.
-
-
Facer volver a alguén burgués ou semellante ao burgués.
-
Adquirir calidades, hábitos ou modos propios da burguesía.
-
Na teoría sociolóxica marxista termo que designa o proletario que, unha vez acadada unha situación económica desafogada, renuncia aos seus intereses e reivindicacións de clase.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada pola Convención Nacional en 1795, suprimida por Napoleón en 1803 e restablecida polo goberno de Luís Felipe en 1832. Ten a súa sede en París. Artéllase en cinco seccións: Filosofía; Moral e Socioloxía; Historia e Xeografía; Lexislación, Dereito Público e Xurisprudencia; e Economía Política, Estatística e Finanzas.
-
REPUBLICAS
República autónoma de Rusia, situada no interior do kraj de Krasnodar, na chaira que se estende dende o río Kuban aos contrafortes do Gran Cáucaso (7.600 km2 ; 449.000 h [estim 1997]). A agricultura e as manufacturas son os principais recursos económicos. A capital é Maikop. Adiguesia era o nome indíxena de Circasia , país anexionado ao Imperio ruso no 1829 polo Tratado de Adrianópole. A oblast autónoma foi creada en 1922.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Conquistador ou o Bravo (Guimarães 1112 - Coimbra 1185) Conde de Lusitania (1114-1139) e primeiro Rei de Portugal (1139-1185). Fillo de Enrique de Borgoña e de dona Tareixa, filla bastarda de Afonso VI de León e Castela -contra quen se rebelou para apoderarse do goberno de Portugal (1128)-, formouse cunha nobreza portuguesa reivindicativa de autonomía fronte ao Reinado leonés. No ano 1137 invadiu Galicia e ocupou Tui, onde pactou con Afonso VII de Castela e lle prometeu fidelidade. Non obstante , a partir de 1139, logo dunha incursión polo Texo na que derrotou os musulmáns en Ourique, comeza a titularse como Rei de Portugal, estado cristián independente. No Tratado de Zamora de 1143 recoñecíaselle o título, o que aproveitou para iniciar un período de expansión do novo reino cara ao sur conquistando Lisboa e Santarem (1147) e asegurando o control da liña do Texo ata o Alentejo. No 1158, prevendo un ataque de Fernando II de León e de Sancho III de...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación oficial de Angola durante a dominación portuguesa (ata 1975).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación de Mozambique durante a dominación portuguesa.
-
PERSOEIRO
Político. Ao principio defendeu a política dos galicanos e dos xansenistas no parlamento de París, onde foi avogado xeral (1690), procurador xeral (1700) e chanceler (1717-1718; 1720-1722; 1737-1750), desautorizando dende 1720 os seus antigos correlixionarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título de Castela concedido polos Reis Católicos no ano 1484 a García Fernández Manrique de Lara. A grandeza de España, unida ao título, foi recoñecida, no ano 1520, ao seu fillo e segundo marqués, Luís. No ano 1662, o título pasou aos Silva e no 1712 aos marqueses de Villena. Despois, recaeu nos duques de Medinasidonia. Actualmente é posesión dos Travesedo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Área do Alto Pireneo dunha superficie de 10.000 ha, declarada parque nacional no ano 1955. Comprende os vales de Sant Nicolau e Peguera, nos concellos de Espot e Barruera. No parque encóntranse numerosas lagoas e vales, e o cume máis alto é o Paladés (2.982 m). No nivel subalpino domina o bosque de piñeiro negro con matogueira. Tamén hai bosque de abetos e poboacións de bidueiros. En canto á fauna, pódense atopar cabras montesas, pitas do monte, perdices albares e troitas comúns. O plano de uso e xestión do parque foi aprobado no1993.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conflito entre os EE UU e o Reino Unido durante a Guerra de Secesión estadounidense. O motivo foi a construción e reparación na Gran Bretaña de diversos barcos de guerra para os confederados, que logo destruíron barcos mercantes nordistas. Ao remate da guerra, un tribunal internacional condenou (1872) o Reino Unido a pagar unha forte indemnización por ter violado as normas da neutralidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario concedido por Real despacho o dezasete de marzo de 1891 pola Raíña Rexente María Cristina de Austria, no nome de Afonso XIII, que otorgou a Grandeza de España en 1925 a Fernando Quiñones de León y de Francisco-Martín, marqués de San Carlos. O dous de xullo de 1950 expediuse carta de sucesión a favor de Pedro Fernando Christopherson Quiñones de León.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Cáceres, Extremadura, que ten como accidente principal a serra de San Pedro (3.144 h [1996]). Agricultura mediterránea, gando lanar. Destilerías e almazaras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Benedictino francés. É autor do Traité générale des horloges (Tratado xeral dos reloxos, 1734), primeiro tratado francés da especialidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista haitiano de lingua francesa. Seguidor da corrente indixenista. Autor, entre outras, das novelas Compère général soleil (1955), Les arbres musiciens (1956) e Romancero aux étoiles (1960) no que, cun estilo rico e poético, trata a situación social do home negro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e financeiro. De familia xudía, dedicouse aos negocios dende ben novo. Despois do Trienio Constitucional ou Liberal (1823) exiliouse en Londres, dende onde financiou a expedición que rematou coa monarquía absoluta en Portugal. No 1835 volta a España e foi nomeado Ministro de Facenda e logo Xefe do Goberno, tras do que ocupou de novo o Ministerio de Facenda (1836, 1837 e 1843). Sobranceira figura do Partido Progresista, promoveu dende o seu ministerio un paquete de reformas das que salientan, por unha banda, o alistamento xeral no exército (servicio que podía trocarse polo pagamento dunha indemnización), e por outra, a supresión de case todas as ordes relixiosas (1835) agás as dedicadas ao ensino e á asistencia, vendendo os bens do resto ( desamortización) en subasta pública (leis do 1836 e 1837). O obxectivo destas medidas era ao tempo de carácter económico e político, pero non foi plenamento desenvolvido. Cando no 1844 os moderados acadaron o poder exiliouse novamente...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada o 24 de febreiro de 1993 baixo a presidencia de Celestino Lores Rosal. O seu marco de actuación xira ao redor do camiño portugués cara á catedral de Santiago de Compostela. Organizan peregrinacións dende Portugal, rutas de sendeirismo e convocan o premio periodístico Camiño Portugués, amais de exposicións e conferencias.