"uru" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 194.

  • Dar forma de curucho.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar forma de cúspide ao pan, no seu centro, cando está no forno.

    2. Amontoar cousas formando un curuto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Darlle forma cónica a calquera obxecto ou elemento.

    2. Amontoar palla seca ata conformar un palleiro.

    3. Almacenar elementos uns enriba dos outros.

    4. Chegar á cima ou ao curuto dunha montaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Encoller o corpo dobrando os xeonllos e arqueando lixeiramente o lombo.

    2. erter cinzas sobre o lume co obxecto de manter as brasas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos da familia dos ailúridos ao que pertence o panda pequeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos alepisáuridos ao que pertence o lanzón vela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Traballou todos os xéneros pictóricos, dende o retrato ata a paisaxe. A súa obra caracterízase por composicións moi sobrecargadas, aínda que nidiamente estruturadas. As súas preferencias cromáticas, que constitúen o cerne da súa abstracción persoal, son vermellos esvaídos, terras, negros e óxidos. Recibiu a medalla de ouro da Bienal Nacional de Pontevedra (1975) e da Bienal Provincial de Pontevedra (1976). A súa obra está presente en diversos museos de Galicia e de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Xefe do estado maior das Forzas Armadas Arxentinas, participou no derrocamento do xeneral Perón (1955) e foi Presidente provisional da República ata as eleccións (1958) que lle deron o triunfo a Arturo Frondizi. Secuestrado no 1970, foi asasinado polos montoneros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome latino da estrela Artur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Estudiou en Italia con Campo Galliani e posteriormente no Actors Studio de Nova York, cunha bolsa do Opera and Music Theatre Institute. Debutou operisticamente no 1990 en Palm Beach (EE UU) no papel de Clorinda de La Cenerentola. No 1993 gañou os concursos do Metropolitan Opera National Council Auditions, de Nova York e Voces de Ópera Plácido Domingo, de París. Actuou en Londres, Donostia, Bonn, Nápoles e Nova York, entre outros lugares. O seu personaxe máis emblemático é o de Violetta en La Traviata, de Verdi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de aturular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantar en voz baixa e entre dentes.

    2. Botar aturuxos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de aturuxar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Botar berros de alegría ou aturuxos como acompañamento das cantigas ou dos bailes, nos días de troula e nas romarías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Berro gutural transcribible silabicamente como ÍÍÍ-HU-HU-HU, que se ten vinculado con manifestacións expansivas ou de arruallo, cun certo carácter telúrico, xa sexa guerreiro, comunicacional ou festivo, que perviviu nas voltas das romarías, as fins da seitura, da malla, da esfolla, as saídas dos muíños e as ruadas. Dende o punto de vista do folclore musical, destaca a súa utilización, incitante á participación, en formas musicais de pulso vivo. Emitido indistintamente por homes e mulleres, a primeira sílaba, a máis aguda, adoita ser longa ad libitum, procedendo as outras tres por intervalos descendentes, máis rápidos, con tendencia a incorporarse coherentemente nunha frase cadencial. Só permanece como elemento de acompañamento nas pezas interpretadas polos grupos folclóricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo tradicional ferrolán composto de dúo de gaitas, tamboril e bombo, que funcionou na década dos 70 e chegou ata mediados dos 80, datas nas que desapareceu. A súa principal área de actuación foi a comarca de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aparecida o 2 de xuño de 1935 en Pontevedra. Incluía información turística sobre a súa ría e a vila de Marín. Amais de artigos literarios de Alexandre Bóveda e Filgueira Valverde, contiña tamén poemas de Amado Carballo, X. Vidal Martínez e Prudencio Taboada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na cidade de Ferrol en 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista anual dos anos cincuenta do século XX, voceira da Casa de Galicia de las Palmas de Gran Canaria. Foi dirixida por Ramón Mariño Mirazo, Carlos Platero Fernández, Manuel Moreiras, Xosé Luís Santos Cao e Carlos Romero Pérez, ao longo de distintas etapas. Amais da reprodución dalgúns poemas de Rosalía, Losada Diéguez ou Blanco-Amor, contaba coas colaboracións, entre outros, de: Formoso Siaba, Otero Pedrayo, Celso E. Ferreiro, Paz Andrade e Valentín Arias. Amais incluía páxinas de humor deseñadas por Castelao, Cebreiro, Saavedra, Castillejo, Quesada, Siro e Xaquín Marín.

    VER O DETALLE DO TERMO