Aturuxo

Aturuxo
[PUBLIC]

Revista anual dos anos cincuenta do século XX, voceira da Casa de Galicia de las Palmas de Gran Canaria. Foi dirixida por Ramón Mariño Mirazo, Carlos Platero Fernández, Manuel Moreiras, Xosé Luís Santos Cao e Carlos Romero Pérez, ao longo de distintas etapas. Amais da reprodución dalgúns poemas de Rosalía, Losada Diéguez ou Blanco-Amor, contaba coas colaboracións, entre outros, de: Formoso Siaba, Otero Pedrayo, Celso E. Ferreiro, Paz Andrade e Valentín Arias. Amais incluía páxinas de humor deseñadas por Castelao, Cebreiro, Saavedra, Castillejo, Quesada, Siro e Xaquín Marín.

Palabras veciñas

Aturuxo | Aturuxo | Aturuxo | Aturuxo | Aturuxo | Aturuxo | Aturuxo