Aturuxo
Aturuxo
[PUBLIC]
Revista bimestral editada na cidade de Santa Fe (Arxentina) en setembro de 1960. Fundada, entre outros, por Xosé Neira Vilas, levaba por subtítulo “Peña Gallega Manuel Murguía”, e estaba dirixida por Antonio Ucha. Nela aparecían poemas e críticas sobre obras do propio Neira Vilas, contos de Ben-Cho-Shey e reproducións de poemas de Cabanillas e Avelino Díaz. Colaboraron tamén Leandro Carré, Fernández del Riego e Victoriano García Martí.