Aturuxo

Aturuxo
[PUBLIC]

Revista de poesía bilingüe aparecida en 1952 en Ferrol. Despois de dúas épocas finalizou a súa edición en 1960, cando chegaba ao número 11. Foi dirixida por Tomás Barros, Miguel C. Vidal e Mario Couceiro. Colaboraron con poesías, entre outros: Luís Pimentel, Álvaro Cunqueiro, Aquilino Iglesia Alvariño, Novoneyra, Carballo Calero, Eduardo Moreiras, Miguel González Garcés, Ramón Cabanillas, Celso Emilio Ferreiro, Xohana Torres e Manuel María, e con algúns textos de prosa, Otero Pedrayo e Santiago Montero Díaz. Tamén participaron os autores foráneos Vicente Aleixandre, Gabriel Celaya e Goytisolo, xunto a outros. Na ilustración destacaron Isaac Díaz Pardo e Rafael Segura Torrella. Incluíase amais dunha escolma rigorosa de poesías, unha sección dedicada á crítica literaria sobre autores xa consagrados, como por exemplo Galicia e Rosalía na poesía de Luís Pimentel de Ramón Piñeiro, López Nogueira, Leyra Domínguez e Mario Couceiro.

Palabras veciñas

Aturuxo | Aturuxo | Aturuxo | Aturuxo | Aturuxo | Aturuxo | Aturuxo