Christelijke Volkspartij
Christelijke Volkspartij
Partido demócrata cristián belga cunha forte implantación na zona flamenga do país. Fundado en 1945 trala restauración da democracia en Bélxica, participou desde entón no goberno agás durante o período comprendido entre 1954 e 1958, e desde 1999. Pertence ao Partido Popular Europeo, á Unión Europea de Demócratas Cristiáns e á Democracia Cristiá Internacional. En 1968 dividiuse en dúas ramas, a flamenga, o CVP, e a francesa, o PSC. Os seus resultados electorais conferíronlle o 23% dos votos en Flandres e o 14% dos votos na zona francófona belga. O seu presidente é Stefaan De Clerck e o seu secretario xeral Raf Suys.