Christian Science

Christian Science

Institución relixiosa, denominada tamén Scientist, fundada por Mary Baker Eddy (1821-1910). Os seus postulados recóllense en Science and Health with Key to the Scriptures (Ciencia e saúde coa chave para as Escrituras, 1875), da autoría de Baker. Propugna que só o espírito ten realidade e que a materia non existe, e que o mal, o sufrimento e a morte son produtos dunha intelixencia pouco sa. En 1879 fundouse en Boston a súa primeira igrexa e ten máis de 1.500.000 membros.