chucho
(
-
s
m
Achegamento dos beizos cara a alguén en sinal de cariño.
Sinónimos: beixo, bico, chucha. -
s
m
Sensación de estremecemento no corpo causada polo frío. Ex: Vou poñer o abrigo que me acaba de dar un chucho.
Ex: Vou poñer o abrigo que me acaba de dar un chucho.
-
s
m
Xoguete para nenos.
Ex: Ó meu neto tróuxenlle un chucho da miña viaxe a Málaga.
Sinónimos: chuchada. -
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe peláxico de corpo ancho e aplanado, coa parte superior de cor acastañada e a inferior branca. Presenta a pel lisa cuberta de mucosidade, o fociño arredondado, os ollos nos extremos da cabeza, as aletas pectorais de gran tamaño e de base ancha soldada diante do fociño, coas que acadan 1,50 m de envergadura e dan ao animal un contorno rómbico. As aletas ventrais teñen forma cuadrangular, a aleta dorsal é pequena e a cola, desprovista de aleta caudal, é longa e delgada como un látego; nela porta un aguillón velenoso que repón periodicamente. É de reprodución ovovivípara e despois de 8 meses pare 7 crías que se alimentan, no interior do corpo da nai, dunhas papilas uterinas internas que producen unha segregación nutricia. Desprázase grazas ao movemento ondulatorio das aletas pectorais e aliméntase principalmente de crustáceos e moluscos dos fondos. Vive no Océano Atlántico e no Mar Mediterráneo ata os 150 m de profundidade.
-
s
m
[ANIMAL]
apegón.