ciborio

ciborio

(< lat ciborĭu ‘copa’< gr κιβώριον  ‘froito do nenúfar’)

  1. s m [ARQUIT]

    Construción de forma poligonal ou cilíndrica que serve de base a unha cúpula e que descansa sobre os arcos construídos na intersección de dúas naves ou arcos torais. Permite iluminar o interior do edificio a través das aberturas feitas no seu perímetro.

  2. s m [ARQUIT]

    Construción ou torre elevada sobre o cruceiro de planta cadrada ou poligonal que adoita rematar nun chapitel.

  3. s m [ARQUIT]

    Bóveda semiesférica dun edificio.

    Sinónimos: cúpula.
  4. s m [ARQUIT]

    Especie de baldaquino con forma de cúpula, sostido por columnas, que se eleva sobre o altar maior dunha igrexa.

  5. s m [ARQUEOL]

    Copa grega con forma de flor de nenúfar.

Formas incorrectas

cimborrio