Cícere de Embaixo, pazo de
Cícere de Embaixo, pazo de
Construción nobiliar situada en San Pedro de Cícere. Fundouna o primeiro señor de Cícere, don Gómez da Costa, e a súa dona Leonor Gómez Prego de Montaos. Construído entre os ss XVI-XVII, ten planta rectangular e conserva nas fachadas dous escudos labrados coas armas dos seus propietarios.