ciclación

ciclación

(< ciclar)

s f [QUÍM]

Formación dun composto cíclico, orgánico ou inorgánico, a partir dunha ou máis cadeas de átomos por creación dun ou máis enlaces novos. Como a formación de enlaces é xeralmente sucesiva, a ciclación propiamente dita é sempre intramolecular; á intermolecular chámaselle máis correntemente condensación. A formación dun complexo metálico cíclico cun ligante bidentado ou polidentado denomínase quelación. En química orgánica, a formación de compostos carbocíclicos e heterocíclicos resulta de reaccións moi variadas. En xeral, a facilidade de formación dos ciclos depende do número de átomos no anel.

Palabras veciñas

cicindela | cicindélido -da | cicl(o)- | ciclación | Cícladas | cíclade | cicládico -ca