cicládico -ca

cicládico -ca

(< topónimo Cícladas)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás illas Cícladas.

  2. cultura cicládica [PREHIST]

    Cultura prehistórica das illas Cícladas desenvolvida desde finais do IV milenio ata o II milenio a C. Foi unha ponte entre o mundo asiático de Oriente Próximo e Creta, coa península grega. A época do florecemento correspondeuse co Eneolítico e a Idade do Bronce, cara ao 3000 a C. As posibilidades do comercio marítimo, no que destacaba a exportación de materias primas como a obsidiana da illa de Melos, déronlle unha gran vitalidade durante todo este período. Divídese en tres etapas: o cicládico antigo (2800-2000 a C), o cicládico medio (2000-1550 a C) e o cicládico recente (1550-1050 a C). A decadencia principiou a finais da Idade do Bronce, cara ao 1700 a C, cunha clara influencia micénica. Son características as figuras humanas de mármore, de formas xeométricas, que representan xeralmente figuras femininas como símbolo de fertilidade.

Palabras veciñas

ciclación | Cícladas | cíclade | cicládico -ca | ciclamato | ciclámico, ácido | ciclamino