cidadanía
(
-
s
f
[DER/HIST]
Condición social e dereito adquirido por nacemento ou naturalización dun membro dunha comunidade política ou cidade, fronte aos demais individuos e aos poderes do Estado. É unha calidade persoal e intransferible que xera dereitos e deberes definidos e perde pola exclusión temporal ou definitiva da comunidade xurídica. A cidadanía asociouse á Revolución Francesa (s XVIII), que derrocou a monarquía e permitiu aos subditos liberarse da súa condición e converterse en cidadáns con dereitos e leis establecidas por eles mesmos. O proceso polo que a cidadanía adquiriu poder iniciouse coa proclamación dos dereitos fundamentais de habeas corpus no s XVIII e continuou coa lenta difusión do sufraxio político no s XIX. No s XX a extensión dos dereitos sociais ás pensións, sanidade e educación completaron a definición de cidadanía moderna. As novas teorías definen a cidadanía como unha loita entre o sistema de clases sociais e os dereitos dos cidadáns, na que o sistema de clases emprega o mercado para conferir poder e vantaxes sociais. O resultado da mercantilización do status social é a desigualdade.
-
[HIST]
-
s
f
Relación entre un home libre e unha comunidade política ou Estado, na que o individuo ten obrigas e responsabilidades co Estado e a cambio adquire dereitos políticos plenos, que inclúen a participación na vida política e nos cargos públicos, e o dereito á protección. O concepto de cidadanía xurdiu nas cidades estado da antiga Grecia, onde se aplicou aos individuos posuidores de propiedades pero non ás mulleres, aos escravos ou aos membros máis pobres da comunidade, e supuña o dereito de voto e as obrigas de pagar impostos e prestar servizo militar. En Roma o título de cidadanía empregouse para distinguir os habitantes da cidade dos individuos dos pobos conquistados polos romanos e implicaba a posesión do dereito de voto nas asembleas (ius suffragii), do dereito para exercer cargos públicos (ius honorum), do dereito para contraer matrimonio (ius connubii) e do dereito para a posesión de bens patrimoniais (ius commercii). Os criterios que determinaban a posesión da cidadanía eran: o criterio de nacemento, o criterio xurídico e o criterio económico. Nos últimos tempos da República converteuse nun dos medios de romanización dos pobos aliados de Italia e durante o Imperio estendeuse aos poboadores doutras provincias, ata que no ano 212 se lle outourgou a todos os habitantes do Imperio. Durante a Idade Media o concepto de cidadanía desapareceu de Europa, substituído polo sistema feudal de dereitos e obrigas. Nos últimos tempos da Idade Media e do Renacemento, converteuse nunha garantía de inmunidade para os mercadores e outras persoas privilexiadas, fronte ás reclamacións e prerrogativas do señor feudal; no goberno das monarquías absolutas, entre os ss XVI e XVIII, identificouse coa categoría de súbditos da Coroa, que carecían de dereitos e tiñan que acatar as leis que eles non podían establecer. O moderno concepto de cidadanía cristalizou no s XVIII durante a Revolución Francesa e Revolución Americana, e definiuse a situación de membro dun Estado como a posesión de dereitos e deberes definidos, que garantían a seguridade fronte ao poder coercitivo dos monarcas absolutos. Na primeira Constitución liberal española de 1812 apareceu o concepto de cidadanía como base e fundamento da lexitimidade e da representación política; estendeuse pola América española e serviu de fundamento aos movementos de emancipación, que desembocaron na independencia e na redacción das constitucións liberais nos novos países. A mediados do s XX, a creación da Unión Europea reforzou a idea dunha cidadanía europea, establecida como dereito de toda persoa que ostente a nacionalidade dun estado membro, no artigo 17 do Tratado constitutivo da Comunidade Europea.
-
carta de cidadanía
Documento que durante a Baixa Idade Media permitía ao forasteiro dunha cidade adquirir a condición de cidadán, con todas as vantaxes e obrigas correspondentes. O solicitante debía cumprir uns requisitos mínimos, entre eles, residir na cidade un ano e un día, ter casa aberta, contribuír coas cargas municipais e estar libre dos dereitos feudais.
-
s
f
-
s
f
Conxunto de cidadáns dun lugar. Ex: A cidadanía expresou a súa repulsa polos últimos actos vandálicos.
Ex: A cidadanía expresou a súa repulsa polos últimos actos vandálicos.
-
s
f
Comportamento do bo cidadán consistente na observación das leis de convivencia establecidas nunha sociedade.
Ex: A sociedade amosou a súa cidadanía no momento máis conflitivo.
Sinónimos: civismo.