cidade de Deus, A
cidade de Deus, A
[LIT/FILOS]
Obra de santo Agostiño de Hipona escrita entre os anos 413 e 426 como contestación ás acusacións dos pagáns sobre os cristiáns. Alarico, rei visigodo, saqueou Roma no 410 e os pagáns culparon destes males aos deuses que, enfadados polo avance do culto cristián, estaban a vingarse da poboación. Nos dez primeiros libros refutou esta teoría e nos doce restantes elaborou unha grandiosa concepción filosófi-co-teolóxica da historia universal.