claque

claque

(

s f [ESPECT]

Grupo de espectadores que, dirixidos por un líder, participaba activamente na recepción do espectáculo, normalmente aplaudindo e berrando “vivas”, “bravos” e outras mostras de entusiasmo durante a representación, nos entreactos e no remate da función. Esta actividade compensábase economicamente, aínda que ás veces só implicaba o acceso libre ao teatro e unha pequena merenda. Esta verdadeira institución teatral coñeceu o seu momento de máximo esplendor entre principios do s XIX e o primeiro terzo do s XX.