claqueta

claqueta

(< fr claquette < claquer‘bater, taconear’)

  1. s f [IMAX]

    Pequeno taboleiro formado por dúas láminas articuladas por unha bisagra que leva as indicacións necesarias para ordenar os planos en premontaxe e que se filma ao principio de cada plano. Leva unha peza que fai un ruído característico que serve de referencia á sincronía do son.

  2. s f [MÚS]

    Cada unha das pezas metálicas, orixinariamente de madeira, que, fixadas ao talón e á punta dos zapatos dos bailaríns de claqué, serven para producir a sonoridade característica dos golpes dados co pé neste baile.

Palabras veciñas

Clapton, Eric | claque | claqué | claqueta | Clár, An | clara | Clara de Asís, santa