claqué
claqué
(
s
m
[MÚS]
Baile propio dos EE UU que consiste na acentuación rítmica dunha peza musical por medio de golpes dados co talón e coa punta dos pés. Para aumentar a sonoridade, os zapatos dos bailaríns levaban unhas placas metálicas, as claquetas, coas que facían ruído ao bater no chan. Distínguense dúas modalidades: a americana, na que se utiliza indiferentemente o talón e a punta; e a inglesa, na que se empregan golpes de talón para indicar o final das pezas. O seu desenvolvemento, que coñeceu unha gran difusión nos anos trinta, é paralelo ao do jazz. Fred Astaire, Ginger Rogers, Gene Kelly e outros bailaríns popularizárono dentro e fóra dos EE UU a través do cine.