Claraboya

Claraboya
[PUBLIC]

Revista bimensual dedicada á literatura que se editou en León. No seu consello de redacción figuraban Agustín Delgado, L. Mateo Díez ou J. Antonio Fierro. No ano 1967 publicouse un número dobre dedicado á poesía social-realista galega. Este monográfico, da autoría de Basilio Losada, dividía os traballos de dezaseis poetas galegos en dúas partes, acompañados dun estudo introdutorio. Na primeira parte aparecían mostras de autores, como Pimentel, Seoane, Cunqueiro, Celso E. Ferreiro e Cuña Novás, así como testemuños da Guerra Civil. A segunda parte acollía poetas da xeración dos 50, como Neira Vilas, Manuel María, Uxío Novoneyra, Bernardino Graña, X. Torres, Salvador García, Xosé L. Franco, X. A. Cribeiro, Méndez Ferrín, Carlos Casares e A. López.