cocer
(
-
v t
Preparar un alimento mediante un proceso térmico, que produce unha modificación da textura física e da composición química por mor da calor e que o fai máis dixerible. Ao mesmo tempo desenvolve novos aromas e provoca unha diminución máis ou menos intensa do contido microbiano. Na tradición popular recóllense os seguintes refráns: “A quen coce e amasa non lle furtes a masa. Coza quen quixer, e amase quen souber. Deixa cocer o que non has comer. Duro de cocer e peor de roer. En cada casa cocen fabas, e na miña caldeiradas. O que coce e amasa, ben sabe as que pasa”.
Ex: Hai que cocer o leite durante máis de dez minutos para que se poida consumir con tranquilidade.
Confrontacións: ferver, ferver. -
v t
Someter á acción do lume un alimento ou calquera outro obxecto de cerámica, porcelana, xeso ou arxila para que adquiran determinadas propiedades. Ex: Estiveron a cocer barro para pintalo despois. Coceu pan de millo para toda a semana.
Ex: Estiveron a cocer barro para pintalo despois. Coceu pan de millo para toda a semana.
-
v t
Dixerir algo no estómago. Ex: Tanto touciño non cho coce o estómago.
Ex: Tanto touciño non cho coce o estómago.
-
v t
Sentir malestar debido á calor excesiva. Ex: Os zapatos cerrados cocéronme os pés.
Ex: Os zapatos cerrados cocéronme os pés.
-
v i
Sufrir un líquido unha fermentación.
Ex: O viño coceu durante uns meses.
Sinónimos: fermentar. -
v pron
Sufrir unha calor intensa. Ex: Cocémonos de calor no coche do teu pai.
Ex: Cocémonos de calor no coche do teu pai.
-
v i e pron
Prepararse un alimento. Ex: O polbo non coceu nada ben. Xa se coceu a sopa?
Ex: O polbo non coceu nada ben. Xa se coceu a sopa?
-
v i e pron
Someterse á acción do lume un alimento ou un obxecto. Ex: A rosca coceu pouco porque o forno estaba frío. Onte cocéronse dúas fornadas de tarros.
Ex: A rosca coceu pouco porque o forno estaba frío. Onte cocéronse dúas fornadas de tarros.
Refráns
- Coza quen quixer e amase quen souber.
- Duro de cocer e peor de roer.
- O cocido ben cocido e o asado mal asado.
- Ó enfornar tórcese, ás veces, o pan.
- Verza ¿por que non coceches? -Porque non me remexeches / porque antes non me meteches.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cozo
coces
coce
cocemos
cocedes
cocen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cocía
cocías
cocía
cociamos
cociades
cocían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cocín
cociches
coceu
cocemos
cocestes
coceron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cocera
coceras
cocera
coceramos
cocerades
coceran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cocerei
cocerás
cocerá
coceremos
coceredes
cocerán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cocería
cocerías
cocería
coceriamos
coceriades
cocerían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles coza
cozas
coza
cozamos
cozades
cozan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cocese
coceses
cocese
cocesemos
cocesedes
cocesen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cocer
coceres
cocer
cocermos
cocerdes
coceren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
coce
-
-
cocede
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cocer
coceres
cocer
cocermos
cocerdes
coceren
cocida
cocidos
cocidas