Coclé
Coclé
Provincia de Panamá (4.927 km2; 191.677 h [estim 1997]). A capital é Penonomé (7.389 h [1990]). As principais actividades económicas son a agricultura (algodón, millo, arroz, café e, sobre todo, a cana de azucre) e a cría de gando vacún. O porto máis importante é o de Aguadulce, cunha importante actividade comercial. Foi o centro dunha civilización precolombina que desenvolveu unha cerámica policromada e que realizou ornamentos en ouro, como pectorais ou brazais, e outros traballos con pedras preciosas.