Coco

Coco
[ONOM]

Apelido que ten a súa orixe nun alcume. O alcume podería remitir á voz común coco ‘verme’; inda que tamén podería estar relacionado co latín coquus ‘cociñeiro’, que non deixou restos na lingua común. Documéntase no s XV: “Juan Coco” (doc ano 1483 en X. Ferro Couselo, A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol II, 1967, p 206).

Palabras veciñas

1 coco | 2 coco | Coco | Coco | cocobacilo | cococha | cocoidal