1 coco
(
-
s
m
[PLANTA]
Palmeira monoica cun estípite de ata 25 m de altura, gris e case liso, acabado nun penacho dunha trintena de follas ou palmas pinnatipartidas de ata 6 m de lonxitude. As flores masculinas e femininas sitúanse nunha mesma inflorescencia. Os froitos, tamén chamados cocos, están reunidos en réximes. É unha planta de orixe probablemente surasiática e o seu cultivo dáse en zonas de clima cálido e húmido, non moi arredadas do mar. É probablemente, a árbore máis cultivada do mundo. Os produtos que se obteñen del son numerosos; do envoltorio da noz de coco faise unha fibra téxtil de importancia fundamental; as cascas dos cocos dan un carbón e outros produtos de aplicación industrial; e da seiva das inflorescencias obtense un xarope, azucre, unha bebida alcólica e vinagre.
-
s
m
[BOT]
Froito da árbore do mesmo nome. É unha drupa de exocarpo carnoso, mesocarpo fibroso, endocarpo leñoso e semente co endosperma, en parte, sólido e, en parte, líquido. A parte líquida do endosperma, a auga ou leite de coco, é unha bebida refrescante. A súa carne, parte sólida do endosperma, emprégase relada en repostería e seca constitúe a copra, da que se extrae un aceite semisólido.
-
s
m
[TÉXT]
Fibra téxtil procedente do mesocarpo fibroso do froito do coco. Forte e flexible, serve para facer cordas, cepillos, esteiras, etc.
-
s
m
Fantasma co que se intenta asustar os nenos pequenos. Ex: Hai que ir para a cama que se non vai vir o coco!
Ex: Hai que ir para a cama que se non vai vir o coco!
-
s
m
Intelixencia que demostra unha persoa. Ex: Este rapaz é un coco para as matemáticas.
Ex: Este rapaz é un coco para as matemáticas.