Coello
Coello
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe procedente das terras situadas entre o Douro e o Miño. As súas armas levan, en campo de prata, un león rampante, da súa cor e coroado, bandado como o de Benavides e a banda axadrezada de ouro e goles; bordo de azul, con oito cruces baleiras como as de Calatrava.
Refráns
- Cada coello no seu tobo arránxase de calquera modo.
- O coellO, por san Xoán; e a perdiz, por Navidá.