Cogoludos, Os

Cogoludos, Os

Gravado rupestre localizado no outeiro do Cogoludo, no lugar de Paredes (Moimenta, Campo Lameiro), nunha rocha granítica de dimensións superiores aos 10 m2. Os gravados están situados en catro grandes áreas escultóricas delimitadas de forma natural polas diáclases da rocha. No lateral esquerdo aparecen representados dous cérvidos seguidos dun zoomorfo que podería ser unha cría destes. Un segundo grupo, formado por dous zoomorfos, situase á dereita do anterior; nesta composición destaca un cérvido de maior tamaño ca o segundo que está cheirando os cuartos traseiros do máis grande. Este último, que podería identificarse cunha femia, está pegado a un gravado reticulado e nas proximidades de numerosas combinacións de círculos concéntricos. Nas demais áreas escultóricas da rocha repítense os motivos circulares e, ocasionalmente, superpóñense uns aos outros.

Palabras veciñas

cognoscible | cognoscitivo -va | Cogollos Vega | Cogoludos, Os | cogombral | cogombro | cogomelo