colbertismo

colbertismo

(

s m [ECON]

Doutrina económica mercantilista creada por Jean-Baptiste Colbert, quen partiu da idea de que a prosperidade e a forza dun país estaba vinculada á masa de metais preciosos dispoñible, e que se aplicou basicamente na Francia do s XVII. As consecuencias económicas desta doutrina foron o proteccionismo, para o que se debía aumentar a produción manufactureira e mellorar a flota nacional. Non obstante , a rixidez das estruturas que fomentaba e os numerosos controis da produción, que impedían unha verdadeira mellora económica, supuxeron o seu fracaso no país ao longo do s XVIII e o colapso do mercantilismo europeo.