colaxenose

colaxenose

(< coláxeno + -ose)

s f [PAT]

Denominación xenérica de determinadas enfermidades do coláxeno ou do tecido conectivo, chamadas tamén conectivopatías. Son doenzas adquiridas, a súa etioloxía é descoñecida e na súa patoxenia participan de forma diversa factores inmunolóxicos, infecciosos e xenéticos. A afectación do tecido conectivo, distribuído por todo o organismo, confírelles un alcance potencialmente sistémico que determina un conxunto de manifestacións clínicas moi diversas. As máis importantes son: o lupus eritematoso sistémico, a artrite reumatoide, a esclerodermia, a dermatomiosite e a polimiosite, a síndrome de Sjögren, a conectivopatía mixta e a vasculite.