coliberto

coliberto

(

s m [HIST]

Na Idade Media, membro dun grupo social constituído polos descendentes dos escravos libertos. A súa condición xurídica, moi variable segundo as rexións, cómpre situala entre a dos servos e o último estamento dos homes libres. A súa orixe sitúase probablemente na época romana, nos escravos manumitidos ao mesmo tempo polo amo, que recibían algúns bens para usufrutuar en conxunto.

Palabras veciñas

Colias | colibacilo | colibacilose | coliberto | colibrí | colicina | cólico -ca