colisión
(< lat collīsiōne‘golpe, choque’, de colidĕre)
-
s
f
Encontro violento que se produce cando se atopan dous ou máis corpos en movemento.
Ex: A néboa provocou unha colisión en cadea de vehículos.
Sinónimos: choque. -
s
f
Enfrontamento entre dúas ou máis persoas pola diferenza entre elas de ideas, opinións ou intereses. Ex: A colisión das ideas políticas entre os dous non impide que sexan amigos.
Ex: A colisión das ideas políticas entre os dous non impide que sexan amigos.
-
s
f
[FÍS]
Interacción a nivel nuclear que se produce entre partículas, ou entre unha partícula e un núcleo, consideradas como esferas materiais. Ten como consecuencia un intercambio de enerxía cinética entre as partículas incidentes (colisión elástica ou difusión), a emisión diferida de enerxía (colisión inelástica ou excitación) ou unha transmutación ou reacción nuclear (captura). En todos os casos, a teoría da colisión presupón a validez do principio de conservación da enerxía no sistema físico formado polas partículas que participan na colisión. A teoría cinética dos gases, que explica o seu comportamento clásico, é a aplicación da teoría da colisión ás moléculas.
-
colisión de dereitos
[DER]
Situación producida cando inciden dous ou máis dereitos incapaces de ser exercitados ou cumpridos simultaneamente, de maneira que o exercicio dun pode supoñer a renuncia a outros.
-
colisión de normas internacionais
[DER]
Figura xurídica contemplada polo dereito internacional privado que se presenta cando a unha mesma situación xurídica se lle poden aplicar lexislacións de diferentes estados.