colonial

colonial

(< colonia)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á colonia.

  2. arte colonial [ARTE]

    Arte desenvolvida nos territorios colonizados polas nacións europeas, especialmente aquelas que xurdiron nas antigas colonias españolas de América. Desenvolveuse o Colonial Style (ss XVII e XVIII) nas colonias británicas e, nas colonias españolas, o estilo hispanocolonial (ss XVI-XVIII), unha conxunción das tendencias artísticas españolas e de elementos precolombinos que produciu un gran número de construcións en México, Guatemala, Venezuela, Ecuador, Perú e Filipinas. Así, empregáronse os estilos gótico tardío, o mudéxar, o plateresco, o renacentista e o barroco. Destacan o palacio municipal de Tlaxcala (México), o santuario de Esquípulas (Guatemala) e as catedrais de Ciudad de México, Lima e Cuzco. En Brasil desenvolveuse unha arte de inspiración portuguesa.