Colonia, escola de
Colonia, escola de
Escola pictórica alemá que se desenvolveu entre os ss XIV e XVI. Recibiu este nome por ser Colonia o lugar de procedencia de moitas das táboas atopadas no s XIX. Evolucionou desde un inicial estilo gótico, caracterizado polo idealismo, cara a unha busca da expresión plástica e a composición máis rigorosa, como sucede na obra de Stephan Lochner. Na segunda metade do s XV, a partir da obra do mestre do altar de San Bertomeu, a escola someteuse progresivamente á influencia da pintura flamenga. No s XVI destacou Bartholomäus Bruyn, autor renacentista de características similares aos romanistas holandeses.