Círculo de Artesanos da Coruña

Círculo de Artesanos da Coruña

Institución fundada na Coruña en 1847 co nome de Reunión Recreativa e Instrutiva de Artesanos. O seu primeiro presidente foi Jorge José Yáñez. No momento fundacional concibiuse como unha sociedade de socorros mutuos formada só por artesáns, mentres que co paso do tempo a sociedade abriuse á burguesía.