columnata
columnata
(< lat columnāta, neutro pl decolumnātum ‘sostido por columnas’)
s
pl
Fileira ou conxunto de columnas que sosteñen un entaboamento ou unha arcada. Empregárona os exipcios nos patios porticados dos templos; posteriormente, os gregos construíron os seus templos cunha columnata na fachada. Volveu utilizarse a partir do Renacemento. Das construcións posteriores destacan a columnata de San Pedro do Vaticano de Bernini (1657-1667) e a columnata do Louvre de París.