columnífero -ra

columnífero -ra

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás columníferas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da antiga orde das columníferas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Antiga orde de plantas dicotiledóneas dialipétalas, integrada por flores actinomorfas ou raramente cigomorfas, pentámeras, con dous verticilos de estames, o externo máis ou menos atrofiado e o interno moi ramificado e, a miúdo, cos filamentos soldados. Compuñan esta orde as familias das malváceas, bombacáceas, tiliáceas e esterculiáceas, actualmente incluídas na orde das malvais.

Palabras veciñas

columnario -ria | columnata | Columnea | columnífero -ra | columnista | Colunga | Colúns