comer

comer

(< lat comedĕre ‘comer’)

Nome científico: [d p: comido,comesto]
  1. v t
    1. Tomar alimento pola boca facéndoo pasar ata o estómago, xeralmente despois de mastigalo (

      Ex: De novos comían peixe e caldo todos os días). OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto (Ex: Come e bebe ata fartar, que a vida son dous días).

    2. Inxerir alimentos sólidos.

      Ex: Non come carne nin peixe. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento, e adquire valor absoluto (Ex: Non pode comer durante uns días porque ten mal o estómago).

  2. v t

    Tomar a comida do mediodía. (

    Ex: Hoxe comemos caldo). OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento, e adquire valor absoluto (Ex: Nesta casa cómese sempre á mesma hora).

  3. v t
    1. Destruír algo un axente físico ou químico.

      Ex: O salitre foille comendo o verniz á madeira do barco.

    2. Provocar un axente físico unha merma de cor en algo.

      Ex: Os deterxentes baratos cómenlle as cores á roupa.

  4. v t

    Consumir física ou moralmente algo malo a unha persoa.

    Ex: A bebida foino comendo ata quedar nos ósos. Ó ver que lle tocara a lotería, comíao a envexa.

  5. v t

    Capturar unha ficha ou unha peza dalgún contrincante en xogos como o parchís, o xadrez ou as damas.

    Ex: Agora cómoche esta ficha e conto vinte.

  6. v t

    Omitir involuntariamente letras, sílabas ou palabras ao falar ou ao escribir.

  7. v t

    Malgastar algo.

    Ex: Comeulle os cartos en dous días.

  8. v t

    Apropiarse do que é doutra persoa, normalmente mediante enganos.

    Ex: Comeulle a herdanza e despois levouno ó asilo.

  9. v t

    Picar un insecto reiteradamente.

    Ex: Comíano as pulgas.

  10. v i

    Producir sensación de proído.

    Ex: Esta crema para o sol come un pouco na pel, pero alivia axiña.

    Sinónimos: picar, proer.

Frases feitas

  • Comer a pan sabido. Vivir a expensas doutro.

  • Comer a tripa chea/ás bocas cheas/como lobos/como mulos/como limas (xordas)/ como un bazuncho/como un burro/ como un crego/como un descosido. Comer moito.

  • 2 Ser moi cómodo ou non tomar molestias por nada.

  • Comer a un. Insultar a alguén ou tratalo mal.

  • Comer ben/mal o peixe. Picar o peixe con facilidade no anzol ou non facelo.

  • Comer como un budaque. Comer moito sen conseguir fartar.

  • Comer como un paxariño/pito. Comer pouco.

  • Comer cos ollos. Fitar intensamente durante moito tempo.

  • Comer da ola grande. Vivir á conta doutra persoa ou do aforrado sen facer nada por obter ingresos.

  • Comer de moca/da ola/do pote grande/a pan sabido. Alimentarse á conta doutra persoa.

  • Comer lume. Estar incomodado.

  • Comer máis cos ollos que coa boca. Antollárselle a alguén un alimento polo seu aspecto atractivo.

  • Comer no mesmo prato. Ter moita confianza ou intimidade dúas ou máis persoas.

  • Comer o mar. Enriquecerse.

  • Comer o pan coa codia. Fortalecerse tras padecer unha doenza.

  • Comer os dedos por unha cousa. Devecer por esa cousa.

  • Comer os demos a alguén. Ter moita rabia.

  • Comer polos ollos. Actuar segundo a aparencia da comida e non polo gusto ou a fame propia.

  • Comer quente. Non ter apuros económicos.

  • Comer sardiña e arrotar pescada/polo e arrotar galiña. Aplícase á persoa que quere aparentar o que non ten.

  • Comer terra/o demo. Morrer.

  • Comer

  • Comerlle a boroa a alguén. Enganalo.

  • Comerlle a cana dos ollos a alguén. Descubrir a súa parte máis íntima.

  • Comerlle a porca os libros a alguén. Aplícase ao que é mal estudiante.

  • Comerlle a suor a alguén. Escravizar ou aproveitarse dunha persoa.

  • Comerlle as papas. Aplícase a unha persoa que máis alta ca outra.

  • Comerlle os androllos a alguén. Acabar con todo o que tiña.

  • Comerlle os ollos a alguén. Abusar dunha persoa ata deixala sen nada.

  • en mesa de frade/como

  • frade/a pedir de boca/a fartar/raído. Comer ben e moito.

  • Non comer por non cagar. 1 Ser moi avarento.

  • un

Refráns

  • A panza chea mellor se aconsella.
  • Barriga quente é pe dormente.
  • Ben come e bebe, quen ben traballa.
  • Ben sabe o bocado, cando non custa caro.
  • Bras, lávate e comerás; despois de lavado non comerás bocado.
  • Cada un come do que pode / do que ten.
  • Cagar e comer despacio ten que ser.
  • Cal traballes, comerás.
  • Can merendeiro garda mal o palleiro.
  • Come ben e non mires á conta de quen.
  • Come e folga e terás vida boa.
  • Come máis e cearás menos.
  • Comede e non xemades; e, se xemedes, non comades.
  • Comendo, folgando; e comendo, traballando.
  • Comer a gusto e vestir ao uso.
  • Comer ben e traballar mellor.
  • Comer ben sempre, non cansa nin aborrece.
  • Comer e beber botan a casa a perder; durmir e folgar pódena esborrallar.
  • Comer e beber e pete á porta quen despois viñer/ quen quixer.
  • Comer e beber todos o saben facer.
  • Comer para ben vivir e vivir para ben comer.
  • Comer, como amigos; e preitear como inimigos.
  • Comer, segundo houber.
  • Como come a besta, día a besta.
  • Como son do campo, boas cuneas de caldo zampo.
  • Entranto digo ou fago, perdo bocado.
  • Iso para min aforro: o que bebo e o que como.
  • Máis vale engulir que cuspir.
  • Mal masticado e ben remollado.
  • Mellar é pouco engulir, que moito cuspir.
  • Moito come o tolo, e máis tolo é quen llo dá.
  • Moitos pitos moito comen.
  • Nin o teu pan en bolas nin o teu viña en sopas.
  • No setembro come e vende, mais non sexa tanto o vender, que non deixes qué comer.
  • O abade de aldea, se ben xanta, mellor cea.
  • O larpeiro come o que non ten; e o que non ten, déixao.
  • O primeiro é comer e o derradeiro é facer.
  • O que ben come e ben bebe, ben sabe o que saber debe.
  • O que come a miña veciña non aproveita á miña barriga.
  • O que máis come, menos come.
  • O que se come, non se lace.
  • Os máis fieis paren tes son os dentes e os máis leais son os queixais.
  • Pide o goloso para o cobizoso.
  • Pouco me gusta o biscoito, cando non é moito.
  • Quen ben come e ben bebe, fai o que debe.
  • Quen come cedo, cría carne e sebo; quen come tarde, nin sebo nin carne.
  • Se comes ben, pouco cearás.
  • Troita, de hoxe; pan, de ante; carne, de antronte.
  • Un bocado por ningún diñe ira é caro.
  • Vale máis comer ou comichar, que non comer e cobizar.
  • Vale máis unha chea que cen lambuscos.
  • ¡Comamos e xoldeemos, que ¡so máis gañaremos!
  • ¡Fártate, comellón, con este bocado!

Palabras veciñas

comento | comenzar | comenzo | comer | comerciable | comercial | comercialización
Conxugar
VERBO comer
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
como
comes
come
comemos
comedes
comen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comía
comías
comía
comiamos
comiades
comían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comín
comiches
comeu
comemos
comestes
comeron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comera
comeras
comera
comeramos
comerades
comeran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comerei
comerás
comerá
comeremos
comeredes
comerán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comería
comerías
comería
comeriamos
comeriades
comerían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coma
comas
coma
comamos
comades
coman
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comese
comeses
comese
comesemos
comesedes
comesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comer
comeres
comer
comermos
comerdes
comeren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
come
-
-
comede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comer
comeres
comer
comermos
comerdes
comeren
Xerundio comendo
Participio comido/comesto
comida/comesta
comidos/comestos
comidas/comestas