comer
(< lat comedĕre ‘comer’)
-
v t
-
Tomar alimento pola boca facéndoo pasar ata o estómago, xeralmente despois de mastigalo (
Ex: De novos comían peixe e caldo todos os días). OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto (Ex: Come e bebe ata fartar, que a vida son dous días).
-
Inxerir alimentos sólidos.
Ex: Non come carne nin peixe. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento, e adquire valor absoluto (Ex: Non pode comer durante uns días porque ten mal o estómago).
-
-
v t
Tomar a comida do mediodía. (
Ex: Hoxe comemos caldo). OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento, e adquire valor absoluto (Ex: Nesta casa cómese sempre á mesma hora).
-
v t
-
Destruír algo un axente físico ou químico.
Ex: O salitre foille comendo o verniz á madeira do barco.
-
Provocar un axente físico unha merma de cor en algo.
Ex: Os deterxentes baratos cómenlle as cores á roupa.
-
-
v t
Consumir física ou moralmente algo malo a unha persoa.
Ex: A bebida foino comendo ata quedar nos ósos. Ó ver que lle tocara a lotería, comíao a envexa.
-
v t
Capturar unha ficha ou unha peza dalgún contrincante en xogos como o parchís, o xadrez ou as damas.
Ex: Agora cómoche esta ficha e conto vinte.
-
v t
Omitir involuntariamente letras, sílabas ou palabras ao falar ou ao escribir.
-
v t
Malgastar algo.
Ex: Comeulle os cartos en dous días.
-
v t
Apropiarse do que é doutra persoa, normalmente mediante enganos.
Ex: Comeulle a herdanza e despois levouno ó asilo.
-
v t
Picar un insecto reiteradamente.
Ex: Comíano as pulgas.
-
v i
Producir sensación de proído.
Ex: Esta crema para o sol come un pouco na pel, pero alivia axiña.
Sinónimos: picar, proer.
Frases feitas
-
Comer a pan sabido. Vivir a expensas doutro.
-
Comer a tripa chea/ás bocas cheas/como lobos/como mulos/como limas (xordas)/ como un bazuncho/como un burro/ como un crego/como un descosido. Comer moito.
-
2 Ser moi cómodo ou non tomar molestias por nada.
-
Comer a un. Insultar a alguén ou tratalo mal.
-
Comer ben/mal o peixe. Picar o peixe con facilidade no anzol ou non facelo.
-
Comer como un budaque. Comer moito sen conseguir fartar.
-
Comer como un paxariño/pito. Comer pouco.
-
Comer cos ollos. Fitar intensamente durante moito tempo.
-
Comer da ola grande. Vivir á conta doutra persoa ou do aforrado sen facer nada por obter ingresos.
-
Comer de moca/da ola/do pote grande/a pan sabido. Alimentarse á conta doutra persoa.
-
Comer lume. Estar incomodado.
-
Comer máis cos ollos que coa boca. Antollárselle a alguén un alimento polo seu aspecto atractivo.
-
Comer no mesmo prato. Ter moita confianza ou intimidade dúas ou máis persoas.
-
Comer o mar. Enriquecerse.
-
Comer o pan coa codia. Fortalecerse tras padecer unha doenza.
-
Comer os dedos por unha cousa. Devecer por esa cousa.
-
Comer os demos a alguén. Ter moita rabia.
-
Comer polos ollos. Actuar segundo a aparencia da comida e non polo gusto ou a fame propia.
-
Comer quente. Non ter apuros económicos.
-
Comer sardiña e arrotar pescada/polo e arrotar galiña. Aplícase á persoa que quere aparentar o que non ten.
-
Comer terra/o demo. Morrer.
-
Comer
-
Comerlle a boroa a alguén. Enganalo.
-
Comerlle a cana dos ollos a alguén. Descubrir a súa parte máis íntima.
-
Comerlle a porca os libros a alguén. Aplícase ao que é mal estudiante.
-
Comerlle a suor a alguén. Escravizar ou aproveitarse dunha persoa.
-
Comerlle as papas. Aplícase a unha persoa que máis alta ca outra.
-
Comerlle os androllos a alguén. Acabar con todo o que tiña.
-
Comerlle os ollos a alguén. Abusar dunha persoa ata deixala sen nada.
-
en mesa de frade/como
-
frade/a pedir de boca/a fartar/raído. Comer ben e moito.
-
Non comer por non cagar. 1 Ser moi avarento.
-
un
Refráns
- A panza chea mellor se aconsella.
- Barriga quente é pe dormente.
- Ben come e bebe, quen ben traballa.
- Ben sabe o bocado, cando non custa caro.
- Bras, lávate e comerás; despois de lavado non comerás bocado.
- Cada un come do que pode / do que ten.
- Cagar e comer despacio ten que ser.
- Cal traballes, comerás.
- Can merendeiro garda mal o palleiro.
- Come ben e non mires á conta de quen.
- Come e folga e terás vida boa.
- Come máis e cearás menos.
- Comede e non xemades; e, se xemedes, non comades.
- Comendo, folgando; e comendo, traballando.
- Comer a gusto e vestir ao uso.
- Comer ben e traballar mellor.
- Comer ben sempre, non cansa nin aborrece.
- Comer e beber botan a casa a perder; durmir e folgar pódena esborrallar.
- Comer e beber e pete á porta quen despois viñer/ quen quixer.
- Comer e beber todos o saben facer.
- Comer para ben vivir e vivir para ben comer.
- Comer, como amigos; e preitear como inimigos.
- Comer, segundo houber.
- Como come a besta, día a besta.
- Como son do campo, boas cuneas de caldo zampo.
- Entranto digo ou fago, perdo bocado.
- Iso para min aforro: o que bebo e o que como.
- Máis vale engulir que cuspir.
- Mal masticado e ben remollado.
- Mellar é pouco engulir, que moito cuspir.
- Moito come o tolo, e máis tolo é quen llo dá.
- Moitos pitos moito comen.
- Nin o teu pan en bolas nin o teu viña en sopas.
- No setembro come e vende, mais non sexa tanto o vender, que non deixes qué comer.
- O abade de aldea, se ben xanta, mellor cea.
- O larpeiro come o que non ten; e o que non ten, déixao.
- O primeiro é comer e o derradeiro é facer.
- O que ben come e ben bebe, ben sabe o que saber debe.
- O que come a miña veciña non aproveita á miña barriga.
- O que máis come, menos come.
- O que se come, non se lace.
- Os máis fieis paren tes son os dentes e os máis leais son os queixais.
- Pide o goloso para o cobizoso.
- Pouco me gusta o biscoito, cando non é moito.
- Quen ben come e ben bebe, fai o que debe.
- Quen come cedo, cría carne e sebo; quen come tarde, nin sebo nin carne.
- Se comes ben, pouco cearás.
- Troita, de hoxe; pan, de ante; carne, de antronte.
- Un bocado por ningún diñe ira é caro.
- Vale máis comer ou comichar, que non comer e cobizar.
- Vale máis unha chea que cen lambuscos.
- ¡Comamos e xoldeemos, que ¡so máis gañaremos!
- ¡Fártate, comellón, con este bocado!
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles como
comes
come
comemos
comedes
comen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles comía
comías
comía
comiamos
comiades
comían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles comín
comiches
comeu
comemos
comestes
comeron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles comera
comeras
comera
comeramos
comerades
comeran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles comerei
comerás
comerá
comeremos
comeredes
comerán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles comería
comerías
comería
comeriamos
comeriades
comerían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles coma
comas
coma
comamos
comades
coman
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles comese
comeses
comese
comesemos
comesedes
comesen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles comer
comeres
comer
comermos
comerdes
comeren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
come
-
-
comede
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles comer
comeres
comer
comermos
comerdes
comeren
comida/comesta
comidos/comestos
comidas/comestas